terça-feira, abril 03, 2007

NUNCA MÁIS AUTOS DE FE

NUNCA MÁIS AUTOS DE FE

Tal como di Eduardo Galeano no artigo "Os demos do Demo", desde a morte de Xesus que se vai comemorar estes días, os xudeus son os culpábeis de todas as culpas.

Durante a Idade Media, os xerarcas cristiáns acusáronos de profanar hostias, envenenar augas benditas, de traer a peste amarela, a peste negra e todas as pestes. Cada vez que un reino era asolado por bancarrotas económicas, crises financeiras e derrotas militares, os reis cristiáns acusaban aos xudeus. A caza de xudeus e os autos de fe, acusados de servir ao mal, como di Galeano, foi sempre un deporte europeo.

Perseguidos e discriminados, a partir da metade do século XIX os xudeus en diferentes países da Europa conseguiron a cidadanía e a igualdade de dereitos (a chamada Emancipación). Porén, a reacción antisemita fíxose visíbel tanto na dereita (Bonald, Maiestre) como na esquerda (Proudhon ou Marx, de ascendencia xudía!).

AUTO I

Entre 1894 e 1906 o "caso Dreyfus" dividiu Franza. Para ocultar os seus fracasos militares a oficialidade francesa acusou con probas falsas e condenou de alta traizón a Alfred Dreyfus, un oficial de orixe xudía. A sociedade francesa dividiuse entre unha dereita monárquica e ultracatólica e unha ala esquerda republicana e laicista.

Durante o caso o Émile Zola escrebeu unha carta aberta ao presidente, o famoso "Eu Acuso!" denunciando aos que participaran no xuízo-farsa. A esquerda tamén se viu envolvida. Mentres o socialista Jean Jaures participou activamente na polémica apoiando a Dreyfus, outro socialista, Jules Guesde, consideraba que non pagaba a pena defender a un xudeu burgués. O tempo acabou pondo a cada un no seu lugar e ao iniciarse a primeira guerra mundial Jaurés, contrario á guerra, foi asasinado en estrañas circunstancias. A SFIO (Sección Francesa da Internacional Obreira) entraba no goberno de coalición coa burguesía asumindo Guesde un ministerio. Foi o antecedente da constitución do Partido Comunista francés.

O caso concluiu coa rehabilitación de Dreyfus en 1906, pondo en destaque a fraqueza da idea da Emancipación dos xudeus nas sociedades europeas así como o antisemitismo latente.

AUTO II

Nos estertores do czarismo, temendo o triunfo da Revolución, dase a coñecer o panfleto coñecido como "Os protocolos dos sabios de Sión" denunciando unha suposta conspiración mundial xudía. Na realidade tratábase dun programa de goberno partidario dun czarismo ainda máis antisemita, autocrático e pechado ás reformas liberais que pretendía desviar as atencións da clase traballadora para un obxectivo que non afectase o status quo.

Apesar destas tentativas, en 1917 triunfa a Revolución soviética. Con Lenin á frente, o goberno provisorio soviético derrogou todas as leis que discriminaban os 5,1 millóns de xudeus, foron recoñecidos como entidade nacional e converteu o antisemitismo nun crime. A Revolución Soviética despertou un enorme entusiasmo no pobo xudeu, producíndose un rexurdimento cultural sen precedentes. En 1927 os xudeus eran o terceiro grupo nacional máis numeroso dentro do Partido Comunista.

Noutro panfleto, "O xudeu internacional", Henry Ford reinventa a teoría da conspiración para xustificar o triunfo da revolución soviética: a participación dos principais banqueiros xudeus na preparación da revolución comunista rusa. Segundo esta teoría a banca internacional xudía (J. Schiff, Kuhn Loeb&Co, Guggenheim e M. Breitung) teria provocado a derrota contra o Xapón (1905) e a bancarrota do Estado ruso en 1917 que trouxeron a revolución.

AUTO III

Tras a morte de Lenin e confirmada a hexemonía de Stalin as novas elites burocráticas soviéticas caen na corrupción xeneralizada. As expropiacións forzosas levan á fame a millóns de persoas. Entón esta elite sente a necesidade de protexerse desviando a indignación da clase obreira coa burocracia cara procesos xudiciais exemplares contra os xudeus. Na loita contra a Oposición de Esquerdas, os altos burócratas utilizaron calquer arma á súa disposición chegando a acusar a Sergei Sedov, fillo de Trotsky, do envenenamento masivo dunha poboación. O propio Trotsky (de orixe xudía) foi acusado de estar detrás de todos os crimes cometidos na URSS. Desta maneira a propaganda estalinista, como o czarismo de antano, alimentou os prexuízos e o antismeitismo das masas contra os xudeus. O fomento do antisemitismo das masas atrasadas comezou despois de Zinoviev e Kamenev (xudeus, ao igual que Trotsky) unírense á Oposición de Esquerdas. Os estalinistas, falan dos tres "intelectuais xudeus insatisfeitos". Para reforzar a cuestión, os xudeus foron purgados e afastados dos seus cargos. A consigna de "bater na oposición" tiña o ton, como no antigo rexime, de "bater nos xudeus e salvar Rusia". Stalin chegou a dicer: "Loitamos contra Trotsky, Zinoviev e Kamenev non porque sexan xudeus, senón porque pertencen á Oposición". A mensaxe era clara: os opositores eran xudeus.

AUTO IV

En pleno século XXI a UPG, partido comunista de corte leninista-estalinista integrante do BNG está a utilizar a mesma trama de xuízos farsa do antisemitismo tradicional: explotar o irracional odio ao xudeu, ao igual que os monarcas medievais, para autoxustificarse e paliar os seus fracasos e impotencia na xestión do goberno da Xunta así como a ameaza ao fin da súa hexemonía interna no seo do BNG.

Desde hai dous meses o militante Pedro Valadés está a sofrer unha persecución política sen precedentes nunha organización democrática nunha sociedade avanzada como a nosa que respeita a liberdade de expresión e na que non teñen cabida discriminacións por motivos sociais, de xénero, sexuais ou de relixión. O seu pecado? Ser amigo do povo israelense e presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI). Os opositores, "xudeus", xa non son acusados de envenenar a auga dos pozos senón de ter ao Mossad detrás ou, como no medievo, reencarnar as forzas do Mal.

Dito isto, con estas palabras acuso á UPG de:

  • Deturpar a convivencia interna, arrombar na cuneta o compañeirismo ao promover desde as vosas filas o canibalismo político e levar a cabo unha caza de bruxas xamais vista nunha organización que se gaba de democrática como é o BNG;
  • Non asumir o veredito democrático que supuxo que o 45% da militancia do BNG na Comarca de Vigo non vos apoiase e optase libremente unha candidatura alternativa oposta á vosa pondo en perigo a vosa nefasta hexemonía na comarca e que deu por fruto a perda do goberno de Vigo;
  • Danar ao nacionalismo pondo en perigo, coa persecución auspiciada por vós, a credibilidade democrática do BNG perante a sociedade galega;
  • Actuar irresponsabelmente ao estragar con esta persecución por vós promovida as expectativas eleitorais do BNG, de consecuencias impredecíbeis para período eleitoral no que estamos inmersos.

É mágoa ter que dicir isto en pleno século XXI: Autos de fe, NUNCA MÁIS!

Sergio Niles

(Enviado por correo electrónico por Sergio Niles)

8 comentários:

Anónimo disse...

Algo farian os xudio para merecer ese destino, se a outros pobos non lles pasou nada e a eles sio, serí apor algo.

Anónimo disse...

gustariame que o autor do anterior post dera razòns obxectivas sobre ise odio en que razòns se basa e que sexan verdade claro . europa non e todo o mundo , en canto o destino iso e pouco racional .

Anónimo disse...

e dando a cara claro non dende un cobarde anonimo eu chamome damian e son menbro do club de asesinos sionistas de agai (notese a ironia)

Anónimo disse...

quizais por que pertenca o stalnista upg ou e un nazi de novo cuño? en fin por isto creo que se odia a israel,http://www.prensajudia.com/shop/detallenot.asp?notid=4362

http://www.prensajudia.com/shop/detallenot.asp?notid=4361

Anónimo disse...

queria decir que por isto creo que se odia aos xudeus perdòn.

Anónimo disse...

animo pedro a diferenza doutros ti das a cara polo que crees ;)

Anónimo disse...

En relación co artigo paréceme muy acertado e contundente.
Ademais gustaríame comentalo comentario do primeiro anónimo, por certo, acochado nas silveiras. Voulo chamar o 8:41 PM.
Ben. O caso é que eu son xudeu e de orixe arxentino. Resultoume moi triste lelo o seu comentario porque é o calco dos comentarios que a prensa e as bases sociais dos militares arxentinos, xenocidas e desaparecedores de persoas nos anos 70-80, facían dos desaparecidos: " Si se lo llevaron por algo será ".
Ten vostede anónimo 8:41 PM o mesmo ideario que eles: a culpa é das víctimas.

Carlos.

Anónimo disse...

Por algo sera Querido Carlos ca un xudeu arxentino, aprendeu escreber o galego tan axeitadamente. Eu son José Enrique Goldberg, coma ti, nado na Quinta Provincia Galega na cidade máis xudea e galega do mundo, afastoume das miñas raices meu pai cando tomou seu lugar nas Bridadas Internacionales e casou cunha asturiana de Oviedo, Digoche que por algo hai de ser ca estes ezquerdistas de hoxendia nunca falan dos dous millons de mortos na Indonesia no 72, nin de como os chilenos lian un ano depois nos muros de Santiago aquela legenda de Jakarta va! Tampouco diseran moito do Timor nin das masacres que levaran seus camaradas do Tudeh, Partido Comunista Iraniano, nin dirán gran cousa de Dafour e tanta troula a eito neste mundo, no passado e no futuro. Certo que doe un pouco mais vendo dun povo que sofreu Doma e Castración polos mesmos que inventaran o antisemitismo como baraxa do xogo político. Suxiro que non deixes de usar o Galego pois ti ben sabes que a lingua adegará máis peso ás túas palabras. Por algo será... Gostaria de saberen como chegastes ti a escreber tamén en Galego. Unha Aperta, quixote6au@gmail.com