quarta-feira, abril 25, 2007

O BNG reclama en Montevideo e Bos Aires que a colectividade galega pida a reforma eleitoral

A responsable da Comisión de Migración do BNG desprazouse a Montevideo e Bos Aires estes dias, para presentar as proposta do BNG en materia da reforma eleitoral e seguir un intenso diálogo para escoitar a opinión da colectividade galega.

Ana Miranda reuniuse coas Executivas do BNG en Montevideo e Bos Aires, insistindo da idea que o BNG non vai entrar a xogo das práctivas eleitorais dos outros partidos politicos. “Non se recollen pasaportes nen solicitudes de voto nas sedes do BNG senon que informamos á xente, como facemos todo o ano e non só en época eleitoral”. Entre a axenda, Miranda vai realizar moitas entrevistas radiofónicas, visitar distintos centros da colectividade e manter encontros con distintos colectivos de mulleres e culturais. En Montevideo, os nacionalistas celebrarán o vindeiro martes 24 un acto público na sede do BNG, e a responsable do BNG manterá o mércores 25 unha reunión coa Unión de Sociedades Galegas de Uruguay, que aglutina aos centros galegos de Montevideo, para explicar a posición politica do nacionalismo galego coa diáspora. Os nacionalistas critican duramente os actos que PP e Psoe van celebrar esta fin de semana en Bos Aires, todos caracterizados polo pagamento dun ticket para asistir ás distintas romerias e festas. Miranda visitará, como noutras ocasións en Bos Aires, os centros de Residentes de Vigo, Val Miñor, Residentes de Mos, Federación de Asociacións Galegas, Centro Galego e Unión de Asociacións Galegas. O luns presentará o Manifesto da Diáspora pola reforma da Lei Eleitoral.

A nacionalista, xunto co candidato do BNG á Alcaldia de Gondomar e actual concelleiro, Xosé Antón Arauxo, quen se atopa en Montevideo para informar ao colectivo de Gondomar na diáspora da situación real deste Concello, aproveitaron para presentar á Maria del Carmen Fernández Salgueiro, residente en Montevideo, quen forma parte da candidatura do Gondomar. Salqueiro é notaria, responsable de Organización do BNG de Uruguai. Outra persoa de Montevideo, a profesora Josefina Lema, tamén vai formar parte da candidatura do BNG en Ponteceso. Outras persoas da diáspora arxentina, como Francisco Lores, responsable local do BNG en Bos Aires, vai na candidatura de O Grove, e vai ser presentando polo candidato do BNG que tamén se atopa nesta cidade. Outras persoas do BNG de Arxentina como Gastón Quiroga, responsable de comunicación do BNG vai na candidatura de Melide, e Luis Fernández, responsable de organización, na candidatura de Ribeira.

Sem comentários: