quinta-feira, maio 24, 2007

Aos tres Partidos Populares que presentan candidatos no Porriño, pasoulles coma a Rocío Jurado, “Se les acabo el amor de tanto usarlo”

O Porriño. Raúl Francés, Alcalde.

Onte, o pavillón polideportivo no Porriño, acolleu o peche de campaña do BNG có actual Alcalde a cabeza da lista de candidatos, Raúl Francés. Na súa intervención ante mais de un milleiro de persoas que ateigaban o pavillón, o Sr. Francés agradeceu a dereita encarnada en dos partidos nas anteriores municipais, e en tres nesta; que facilitasen que un goberno de progreso se puxera a fronte dun proxecto chamado “O Porriño”. Somos unha minoría gobernante, e a partires do día 27, seremos unha maioría de goberno, destacou o cabeza de lista do BNG. Tamén destacou Raúl Francés como a pesares de ser boicoteado pola maioría de dereita para poder sacar un só presuposto que levara tódolos servizos que as parroquias demandan, conseguiron facer do Porriño, un lugar moito mellor para vivir.

“As fermosas escaleiras do concello deseñadas por Antonio Palacios, son de subida, e tamén de baixada. O goberno de progreso do Porriño baixou as escaleiras para poder estar coa xente, con toda a xente na Praza do Concello. Unha praza que grazas ao BNG no goberno é agora e despois das criticas da dereita que tratou de impedilo, una praza peonil onde todas e todos os cidadáns do Porriño podan reunirse en democracia. Agora ningún partido atrevese a poñer no seu programa que os coches volveran a circular pola Praza do Concello.” Destacou o candidato Raúl Francés.

O Sr. Frances tamen quixo destacar a grande labor da súa compañeira no goberno municipal, a Concelleira de Traballo, Obdulia Pereira Fernández, “Lali”; quen conseguiu desterrar para sempre o de presentarse no Concello, falar có alcalde para que te dea unha Tarxeta na que escribía: “Te envio este amigo para que lo atiendas como se merece”. Tarxeta que sempre remataba na papeleira. O programa de traballo para parados de longa duración é un éxito no Porriño destacou tamén o líder do BNG no Porriño.

Galiza Sosego (GzS)

Sem comentários: