terça-feira, maio 01, 2007

Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)

O VENRES 4 de maio celebraremos unha CHARLA-COLOQUIO na que falarán representantes da Rede de alerta contra o deserto verde do Brasil e na que se proxectará o filme documental : Luta Quilombola, será no salón de actos do Instituto Valle-Inclán ás 20.00 horas.


A REDE DE ALERTA CONTRA O DESERTO VERDE


(http://www.carbontradewatch.org/news/0704_caravan_against_the_green_desert_pt.html) é unha ampla rede, da sociedade civil, composta de entidades, movimentos, comunidades locais, sindicatos, igrexas e cidadáns, de cinco estados brasileiros, preocupados coa contínua expansión das plantacións de eucalipto na súa rexión, así como a venda de “créditos de carbono”. Ao mesmo tempo, a Rede tenta mostrar a viabilidade de alternativas de desenvolvimento que teñen sido implantadas localmente por varios movimentos e comunidades que participan da Rede.

Esta rede apoia debates positivos, documentais sobre xustiza ambiental, accións de resistencia e cambio climático e unha exposición de fotografía durante a “caravana multimedia” que contará coa presenza de cinco activistas de Brasil implicados en loitas locais de resistencia á expansión do eucalipto, co obxectivo de crear vínculos cos movimentos en Portugal e na Galiza, desde o 28 de Abril ao 17 de Maio, esta “caravana” percorrerá varios lugares presentando os seus traballos documentais.

Contaremos coa presenza de destacados membros da Rede, que forman parte dos máis importantes colectivos sociais e ecoloxistas do Brasil e que participarán tamén na Marcha Contra Celulosas do sábado 5 ás 19 h.


Falarán: Tamra Lee Gilberston, de Carbon Trade (proxecto de Investigación- Acción en Xustiza Medioambiental e Cambio climático que ten o apoio do Instituto Transnacional), representantes de FASE-ES, Federação de Órgãos para Assistência Social e Educacional- Espiritu Santo, do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra - MST - e da Associação dos Geógrafos Brasileiros.


www.apdr.info apdr@apdr.info

http://www.carbontradewatch.org/news/0704_caravan_against_the_green_desert_pt.html

Sem comentários: