segunda-feira, maio 28, 2007

GOBERNANDO NO MARTIRIO.

O poder desgasta. É frecuente que a perda de votos dun grupo político gobernante, acháquese ao desgaste do poder. Tamén pode ser porque os xuíces do teu facer (a cidadanía) poden considerar que apesares de deixarte utilizar todas as armas para traballar ou non as úsaste como debías ou non as utilízaste como eles gustarían. En calquera caso o castigo soe ser un descenso dos votos e as veces ese descenso pódete afastar do poder.

O mais difícil e cando gobernas sen que a cidadanía decidira darte instrumento ningún para que o fixeras, isto é: cando gobernas en minoría e calquera intención de traballo que poda supoñer manexar as pancas de poder ao teu gusto, sexa sabotada. Se aínda por riba o pouco que che deixan facer, o fas ben e consegues que a cidadanía o visualice, convérteste nunha vítima no poder. E como se paga iso? Pois si seguimos dous exemplos, o de Vigo e o de O Porriño, con un significativo aumento dos votos.

Corina en Vigo gobernaba en minoría porque a maioría natural que tiña que facelo, non se falaban, é non era tanto unha cuestión de partidos. Era mais una cuestión persoal. Irreconciliables as posicións, Corina aproveitou a súa baza de presentarse a unhas elección dende o poder e co vitimismo de non poder traballar a gusto. Deulle un moi bo resultado e un significativo aumento da masa electoral. Esforzo este quizais estéril pois a maioría natural de goberno (PSdeG – BNG) desta, seguro que si se falan, posto que son os mesmas formacións políticas, mais non as mesmas persoas.

O caso de Raúl Francés no Porriño e extremadamente similar ao de Corina, unha maioría natural de dereitas que non se falan, nin se poden ver entre eles, permítelle ao BNG e PSdG gobernar dende unha minoría absolutamente minoritaria. Pensemos que o consistorio de O Porriño, alberga a 17 edís, e o alcalde Raúl Francés do BNG conseguiu gobernar durante catro anos con 3 concelleiros do BNG e 2 do PSdG; en total 5 concelleiros de goberno contra 12 da oposición... unha tolemia. Con todo parece que eses catro anos foron valorados moi positivamente polo electorado que elevou ao BNG a unha posición nunca acadada no Porriño, a de formación política mais votada. Isto debeuse claramente aos bos acertos do goberno en minoría de Raúl Francés. Mais como no caso de Vigo temen pode ser un esforzo estéril, pois a maioría natural de dereitas segue tendo (de forma mais exigua ca antes) as chaves do poder. Neste caso si son as mesmas persoas, si é unha cuestión persoal, mais quen sabe si deixaran de un lado as súas disputas persoais e pensando no Porriño xuntaranse para gobernar ou seguirán nas mesmas deixando que goberne Raúl outra vez en minoría (desta vez unha ampla minoría) para seguir coa súa excelente tarefa ao frete do Goberno local de O Porriño.

Unha cousa esta clara, o goberno do martirio da boas rendas políticas.

Galiza Sosego (GzS)

Sem comentários: