domingo, maio 27, 2007

O CAPITALISMO É O PEOR INIMIGO DA HUMANIDADE

O presidente boliviano Evo Morales inaugura o V Encontro Mundial de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade

Pascual Serrano
Rebelión


O presidente boliviano Evo Morales inaugurou o martes 22 de maio na cidade de Cochabamba o V Encontro Mundial de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade. “Estou convencido de que este evento aumentará a conciencia do pobo boliviano”, afirmou. Morales foi un dos fundadores deste colectivo que se reuniu por primeira vez na cidade de México no ano 2003, antes de que el fose presidente: “Cando me comunicaron que se ía a celebrar en Cochabamba, alegreime de ver como foi o seu crecemento desde aquel 2003”, engadiu. “Esta madrugada -continuou- pensaba que ía dicir eu ante tantos expertos e chegue á contundente conclusión de que o capitalismo é o peor inimigo da humanidade. O capitalismo trae egoísmo, mesquindade, individualismo. Trae guerras e aliméntase das guerras, todas as guerras de Bolivia foron do capitalismo, non dos pobos. Nelas as transnacionais son as que gañan, elas provocan os conflitos para acumular o capital”.

Ante iso, sinalou que “debemos suscitar que clase de sociedade queremos, en Bolivia e no mundo. Non é posible que as transnacionais sigan provocando á humanidade”.

Evo Morales, tamén tivo duras críticas ao modelo de vida e pensamento dominante: “Na cultura occidental a primeira actividade dun político cando chega ao poder é pensar de onde sacar prata. Sempre pensaban nos seus intereses de grupo e non en toda Bolivia. Por iso eu quero recordar os principios indíxenas de non roubar, non mentir, non ser débil”. O presidente boliviano explicou como a recuperación dos recursos naturais permitiu aumentar por dez o orzamento público de moitos pobos e cidades do país. “En Bolivia, desde os anos 70 ata 2005 sempre había déficit fiscal. Eu dicía que necesitaría dous ou tres anos para que Bolivia deixase de mendigar, porque ata agora os ministros bolivianos ían a Estados Unidos todos os anos a pedir prata para poder pagar os aguinaldos aos traballadores. O ano pasado foi o primeiro no que non se fixo iso”. “Antes, mediante o saqueo dos nosos recursos naturais, íanse millóns e millóns de dólares para o estranxeiro -engadiu-. Os recursos naturais nunca deben ser privatizados, nin son un negocio, a auga é un dereito da humanidade”.

Tamén tivo duras críticas para o sistema xudicial boliviano: “Temos unha xustiza que non fai xustiza ás maiorías. Eu tiña antes medo á política pola negativa imaxe dos políticos de ser uns farsantes, facinorosos e ladróns, pero aos poucos entendín que a política é a ciencia de servir ao pobo. Como autoridades debemos vivir para o pobo e non do pobo, e na xustiza boliviana deberían vivir para a xustiza e non da xustiza”.

Igualmente pronunciouse pola situación medioambiental: “Logo está o tema da nai terra, como a chamamos os indíxenas. Se non se defende á nai terra, a humanidade será inimiga da humanidade”.

Así mesmo afirmou que “a nova constitución boliviana renunciará a calquera guerra” e que “o capital acumulado por algúns se debe reinvestir para salvar a humanidade”.

O V Encontro Mundial de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade desenvolverase os días 23 e 24 de maio baixa a temática “En defensa da Verdade e contra a manipulación dos medios de comunicación”. Entre os participantes, máis dun centenar, atópanse os ministros de Cultura de Cuba, Venezuela e Ecuador e o vicepresidente de Bolivia. A este encontro desprazáronse a gran maioría dos participantes nas Xornadas Internacionais de Comunicación sobre “O dereito a informar e estar informado”, organizadas por Telesur os días anteriores en Caracas. Entre eles, o escrito británico-paquistani Tariq Ali, o xornalista belga Michel Collon; o director da axencia Prensa Latina, Frank González; a presidenta da canle de televisión venezolano Vive TV, Branca Eckout; o director da revista chilena Punto Final, entre outros moitos. A eles engadíronse numerosos profesionais da comunicación bolivianos e venezolanos.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=51247

Sem comentários: