terça-feira, maio 29, 2007

Polonia analiza se nos "Teletubbies" hai algún indicio de homosexualidade.

Tinky Winky, o polémico personaxe.

A defensora do menor de Polonia, Ewa Sowinska, pediu a un grupo de psicólogos que analicen se a famosa serie televisiva para nenos os 'Teletubbies' teñen algún indicio de homosexualidade.

O personaxe de Tinky Winky é o causante de que Sowinska considere que a serie poida dar 'propaganda homosexual. "Dinme conta de que Tinky Winky levaba un bolso, pero non sabía que fose un mozo", declarou Sowinska. "Máis tarde souben que aí podería haber un nexo homosexual oculto".

"Teñen que avaliar se isto pode saír na televisión pública", declarou nunha entrevista Sowinska na revista 'Wprost'.

Segundo os resultados das análises dos psicólogos de Sowinska, os nenos polacos poderíanse afacer ver un programa televisivo censurado.

Hai que ter en conta, que este ano Sowinska xa se pronunciou a favor de prohibir aos homosexuais ter traballos nos que estean en contacto con nenos e mozos.

Os mandatarios polacos levan tempo realizando unha campaña de acoso e derriba aos homosexuais. Fai uns meses a Comisión de Liberdades Civís do Parlamento Europeo (PE) encargou aos servizos internos da institución que examinasen se a lei polaca contra a "propaganda homosexual" vulnera a normativa comunitaria.

O viceministro polaco de Educación, Marek Orzechowski, tamén exhortou fai uns meses aos gobernos europeos a prohibir totalmente o aborto e a propaganda homosexual.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=51488

2 comentários:

Anónimo disse...

Hai moito lexislador que está enfermo o precisa medicación urxente.

Luis disse...

A Unión Europea debería mediar no caso de que poida vulnerarse dereitos fundamentais dos homes; non podemos admitir na nosa casa xente intolerante, e totalitaria. Parece incríble, que os polacos, despois de todas as brutais represións que sufreron cos nazis e despois cos comunistas, non sexan os maiores defensores da libertade sexa sexual, política, ou social.