sexta-feira, maio 25, 2007

VIII ENCONTRO CRISTIANISMO E HOMOSEXUALIDADE

Anuncio da celebración do VIII Encontro Cristianismo e Homosexualidade: "Fe: camiño de liberación e compromiso" que se celebrará en Madrid o primeiro fin de semana de xuño.

VIII ENCONTRO CRISTIANISMO E HOMOSEXUALIDADE: “FE: CAMIÑO DE LIBERACIÓN E COMPROMISO" ,

O primeiro fin de semana de xuño terá lugar en Madrid o VIII Encontro Cristianismo e Homosexualidade que ten como lema “Fe: Camiño de liberación e compromiso” e é a nosa intención reflexionar, discutir e atoparnos como persoas crentes e homosexuais, descubrir a nivel persoal e de grupo como vivimos a nosa fe en todas as dimensións da nosa realidade persoal e social. Cara a onde nos dirixe a nosa crenza en Xesús e no seu Evanxeo?. Como interiorizo a miña experiencia de fe?, Atopo o modo de expresar a miña fe xunto á miña orientación sexual? Para poder obter os obxectivos de devandito Encontro cremos que nos pode axudar a experiencia persoal e de grupo que vai compartir connosco o sábado pola mañá Chini Rueda (Teóloga. Membro de Católicas polo Dereito a Decidir e da plataforma Redes Cristiás). Textos para a reflexión persoal e de grupo de Jacques Gaillot servirán de guía para o traballo de grupo que realicemos o sábado pola tarde. Non é posible reflexionar se non nos paramos e tomamos pulso á nosa realidade, por iso a través dunha enquisa realizada polos diferentes grupos lgtb cristiáns do Estado Hespañol farase unha presentación da nosa realidade persoal e de grupo a través da análise da mesma.

Textos para a reflexión previos ao encontro (en hespañol) :
http://www.felgt.org/resourceserver/487/d112d6ad-54ec-438b-9358-4483f9e98868/9039ae1ddbef2f6ee26fb5f643e6530f/cl/es-ES/filename/textos-reflexin-viii-encuentros-cristianos-lgtb-junio-200.pdf?cl=es-ES

http://www.felgt.org/temas/asuntos-religiosos/i/13890/73/viii-encuentro-cristianismo-y-homosexualidad

Sem comentários: