quarta-feira, junho 20, 2007

ABRE EN TURQUÍA O PRIMEIRO HOTEL PARA GAIS E LESBIANAS DO PAÍS

Kemer (Turquía), 30 de maio. Este mes de xullo abrirá as súas portas “Planet Victoria”, o primeiro hotel abertamente gai de Turquía. Está situado na costa mediterránea, na localidade de Kemer, moi preto de Antalia, coñecida cidade de vacacións na costa sur do país. O hotel contará con 70 habitacións e o seu persoal estará formado, maioritariamente, por gais e lesbianas. Non se aceptarán clientes heterosexuais nin menores de 18 anos. De momento, xa conta cun bo número de reservas provenientes de Hespaña, Bélxica, Francia ou Países Baixos. A pesar de que a homosexualidade non está do todo ben vista en Turquía, cada vez hai menos prexuízos contra este colectivo. A pesar de que Istambul, a gran metrópole turca, conta xa con algúns hoteis “gay friendly”, o de Kemer será o primeiro exclusivamente para gais e lesbianas.

Máis información a: www.planetvictorya.com

http://www.cogailes.org/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1121&mode=thread&order=0&thold=0

Sem comentários: