sexta-feira, junho 01, 2007

CONSUMADO O PECHE OFICIAL DA PARROQUIA DE S. CARLOS BORROMEO

A visita do “Papa vermello”, o teólogo brasileiro da Liberación Leonardo Boff, prevista para hoxe foi o detonante que levou ao cardeal de Madrid, Antonio María Rouco Varela, a asinar o peche oficial da Parroquia de San Carlos Borromeo, a parroquia dos pobres de Entrevías.

A “defunción canónica” da parroquia madrileña a firma o cardeal, por medio do seu secretario, no Boletín Oficial da Provincia Eclesiástica madrileña. No documento, o cardeal arcebispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela, incorpora a outras dúas parroquias de Vallecas aos cristiáns que territorialmente correspondían a San Carlos Borromeo, e faio cunha linguaxe administrativa que o di todo.

A «sanación canónica» da situación pastoral de San Carlos Borromeo aconsella «rectificar os límites» de dúas parroquias para unha «máis adecuada atención pastoral» dos fregueses.

Aínda que o contido non se coñeceu ata onte, o decreto está datado o pasado 4 de abril, oito días despois de que o bispo auxiliar de Madrid, Fidel Herráez, comunicase verbalmente aos tres sacerdotes, Javier Baeza, José Díaz e Enrique de Castro o peche da súa parroquia.

Consumado o peche oficial, só lle queda ao cardeal de Madrid facelo efectivo na práctica. E iso non o terá nada fácil. Porque os curas e os fieis de San Carlos están dispostos a seguir resistindo. E manter vivas as mobilizacións.

De feito, hoxe acollerán con gozo a visita de Leonardo Boff e, durante o fin de semana reuniranse con centos de persoas de diferentes puntos de Hespaña para celebrar unha festa da solidariedade. Porque San Carlos non se rende.

http://blogs.periodistadigital.com/religion.php/2007/06/01/p97723#more97723

Sem comentários: