sexta-feira, junho 22, 2007

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Coordenadora de Vigo

A Coordinadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, en solidariedade co pobo de Atenco e coa Fronte de Pobos en Defensa da Terra, CONVÍDAVOS a participar na charla-denuncia da continua represión e violación dos dereitos humanos que sofren.

Contamos coa testemuña dunha compañeira de Atenzo que, ó berro de "Atenco non se vende", ten como fin dar a maior visibilidade posible ós durísimos ataques gobernamentais ó seu movemento popular, como aconteceu en maio de 2006. Este acto terá lugar o luns 25, ás 19:30 horas, na Casa das Mulleres (r/Romil, 20 - Vigo).


Resumo da situación no pobo de San Salvador de Atenco:

A fins do 2001 o Plan Puebla-Panamá expropiaba ás campesiñas e campesiños de Atenco máis do 80% do seu territorio para a construcción dun aeroporto internacional. O pobo organizouse na Fronte de Pobos en Defensa da Terra. Non pedían aumenta-lo ridículo prezo que o estado lles daba polas súas terras, pedían seguir vivindo nelas. A guerra do goberno mexicano contra as poboacións indíxenas e campesiñas de Atenco non ten tregua, así o exército e a policía atacaraas de novo, cando en maio de 2006 apoian as reivindicacións das vendedoras de flores ó seren expulsadas do seu mercado de sempre para construír nel un grande supermercado multinacional. Nestes enfrontamentos morreu un mozo de 14 anos, 47 mulleres presas, 37 delas violadas, brutalidade e torturas ás centenas de persoas detidas.


Sem comentários: