quarta-feira, junho 20, 2007

O BNG ASUMEM, NA PERSOA DE ANA MIRANDA, UNHA DAS VICEPRESIDENCIAS DA ALIANZA LIBRE EUROPEA

Esta organización “promove a plurinacionalidade dentro da UE, así como unha Europa social e respetuosa co medio ambiente”

Bruxelas, 19 Xuño 06. A última asamblea da Alianza Libre Europea, Partido Político Europeo que inclúe 32 organizacións, entre elas o BNG, vén de escoller a Ana Miranda, responsábel da comisión de Migración e Asuntos Europeos do Consello Nacional, para ocupar unha das vicepresidencias da súa executiva. Esta organización “ten como obxectivos defender a plurinacionalidade en Europa, a diversidade nacional, cultural e lingüística”, segundo afirma Miranda nunha entrevista publicada na web do BNG.

Entre os obxectivos está “fortalecer a idea dunha Europa plural, que non se basee só nos estados; construír unha Europa social e próxima á xente e non só creada por regulamentos e tratados, que promova o respecto polo medio ambiente e a autonomía produtiva industrial e enerxética”. A nova vicepresidenta tamén destaca o obxectivo de “promover o respecto aos dereitos humanos en todo o mundo”, como un dos que máis lle motiva.

O BNG aspira a “fortalecer as nosas relacións cos partidos da ALE e tamén visibilizar a nosa posición de cara ás eleccións europeas de 2009”. A nova dirección política da ALE quere darlle un novo impulso a esta organización, e nese sentido cobra especial relevancia o papel do BNG para estabelecer relacións con organizacións de América Latina.

Outro proxecto no que se implicará o nacionalismo galego desde a vicepresidencia deste Partido Político Europeo será a creación dunha fundación de alcance comunitario vencellada á ALE coa que colaborará a Fundación Galiza Sempre.

Podedes consultar a entrevista completa
nesta ligazón.

Sem comentários: