quinta-feira, junho 07, 2007

O BNG ESTREITA RELACIÓNS CO SCOTTISH NATIONAL PARTY

Ana Miranda, membro do Consello Nacional do BNG e representante desta formación política ante o Parlamento Europeo viaxou onte a Escocia, onde mantivo un encontro con Neil MacCormick, ex eurodeputado do Scottish National Party (SNP) e asesor para política europea do primeiro ministro escocés, o nacionalista Alex Salmond.

Durante o encontro, compartiron información sobre a situación dos emigrantes escoceses e galegos no mundo, e sobre iniciativas necesarias para relanzar a Alianza Libre Europea, da que forman parte partidos das distintas nacións sen estado de Europa, entre eles o BNG e mais o SNP.

Así mesmo, Miranda transmitiu a felicitación do portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, aos nacionalistas escoceses do SNP pola súa vitoria nas últimas eleccións. Tamén participou hoxe nas xornadas organizadas polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Stirling, onde presentou a ponencia: “Galiza: unha nación en Europa”.

Sem comentários: