sexta-feira, junho 01, 2007

O DEREITO AOS RECURSOS E O XÉNERO

Guadalupe Cruz Jaimes / Cimac

O acceso a recursos e oportunidades entre os xéneros refírese a que mulleres e homes poidan contar cos recursos necesarios para o seu traballo e o control que exercen sobre eles para poder usalos de acordo ás súas necesidades prácticas e estratéxicas. Os recursos poden ser naturais (auga, terra, bosque), económicos ou produtivos (crédito, ferramentas, ingresos e tecnoloxía), políticos (organizacións, capacidade de liderado), sociais (educación, saúde, información), tempo e espazo (xeográfico e histórico).

O acceso aos recursos naturais e aos servizos de apoio á agricultura, así como o control sobre eles e a súa xestión, refírese principalmente á preservación da diversidade biolóxica, aos recursos fitoxenéticos e zooxenéticos recoñecidos como fundamentais para lograr a seguridade alimentaria, principalmente nas zonas rurais.

As mulleres en países en desenvolvemento, como México, posúen menos posibilidades de elección no que se refire ás ramas profesionais e aos sectores da economía, a comparación dos homes.

Teñen un menor acceso a créditos e a outras fontes produtivas e, debido á súa responsabilidade adicional no coidado das e os fillos e no traballo doméstico, teñen menos tempo e menos posibilidades de cultivar experiencias e adquirir coñecementos.

O acceso aos recursos económicos e produtivos refírese ao acceso aos bens económicos (a propiedade ou a infraestrutura) e aos recursos económicos (o ingreso e o emprego). Ademais do acceso aos recursos a créditos, tecnoloxías, aos mercados e control dos mesmos.

Os recursos sociais contemplan, principalmente, o acceso á formación e especialización profesional, á saúde e á información.

Pola súa banda, o acceso aos recursos políticos consiste no acceso aos postos de decisión e de mando e, con iso, maior poder político para as mulleres. De igual forma no acceso ás institucións, organizacións, grupos e redes de interese e ao control dos mesmos. O acceso aos recursos naturais, económicos, políticos, sociais, de tempo e espazo determina o acceso ás oportunidades de desenvolvemento.

A pesar de que as leis garanten, ou pretenden garantir, a igualdade de xénero, a realidade social e cotiá é moi diferente.

Pois o feito de nacer muller ou home aínda determina e condiciona o acceso aos recursos necesarios para o desenvolvemento pleno e satisfactorio das mulleres e polo tanto, o acceso ás oportunidades.

Asumir roles diferenciados socialmente predispón as formas de vida das mulleres e homes en función de disparidades de xénero de orixe ideolóxica e cultural, estes factores propician a desigualdade de xénero no acceso a recursos e oportunidades.

http://www.cimacnoticias.com/site/s07052903-NUEVA-IDENTIDAD-El.17793.0.html

Sem comentários: