domingo, junho 03, 2007

OS BISPOS DESPIDEN, O ESTADO PAGA.


Nova normativa laboral para os profesores de relixión.
Venres, 1 de xuño 2007.

O Goberno aprobou no Consello de Ministros de hoxe a nova normativa laboral dos profesores de Relixión. Os docentes terán contrato indefinido desde o principio, pero seguirán sendo os bispos quen decidan a súa contratación ou o seu despedimento. As indemnizacións, en cambio, seguiraas pagando o Estado.

O Goberno considera que ha lograda unha normativa laboral que recoñece “máis dereitos” que antes para os docentes da materia de Relixión católica. En efecto, os docentes desta materia terán a partir de agora un contrato indefinido, mentres que antes eran contratados por cursos.

Se o profesor deixase de cumprir os requisitos relixiosos que fixa o Concordato coa Santa Sé, o bispo deberá razoar xuridicamente por que xa non o quere nas aulas. Segundo a vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, a nova normativa “cumpre cos acordos internacionais asinados, supón un importante avance nas condicións laborais deste colectivo de profesores, que por primeira vez vaise a ver beneficiado polo Estatuto dos Traballadores e dá cumprimento ás directivas comunitarias”.

O que non cambia en nada é a orixe das indemnizacións que se pagará a estes docentes en caso de despedimento improcedente por culpa do bispo de quenda. Ese diñeiro non o pagará a Igrexa católica, aínda que nunca o fixo. Esa suma imputarase directamente aos orzamentos do Ministerio de Educación, é de dicir, o prelado despide, o Estado hespañol paga.

http://www.periodistadigital.com/religion/object.php?o=658788

Sem comentários: