quinta-feira, junho 07, 2007

Petición de demisión para Manuel Ameijeiras (Delegado do Goberno na Galiza).

O MpDC considera que a detención política de Bernardo Bastida debe ser a gota que colme a paciencia da cidadanía

O Movemento polos Dereitos Civís quere animar a cidadanía de toda Galiza para que dirixa unha petición ao Presidente do Estado Español solicitando a dimisión do actual Delegado do Goberno en Galiza, Sr. Ameijeira, pois consideramos que é o responsable último da detención política do Patrón Maior de Ferrol como colofón a unha larga traxectoria de medidas que limitaron claramente as liberdades de cidadáns e colectivos do noso país. No informe publicado polo MpDC podemos abordar un resume destas actuación, neste caso, levadas a cabo pola anterior Subdelegada do Goberno en A Coruña. Ademáis o Sr. Ameijeira acumula unha larga lista xustificación de actuacións policiais desproporcionadas e silenciamento de denuncias contra as mesmas.

O MpDC pensa que a cidadanía debe volcarse; manifestando a súa repulsa a esa detención política, realizada para "evitar que cometa novos actos delictivo". Unha prisión preventiva arbitraria e que non ten mais xustificación que na búsqueda de silenciar as protestas dos veciños e evitar que sigan fronte ao medo a novas detencións

Queremos recordar a aquel xuizo suspendido en Portugal contra varios veciños que cortaron un ponte para denunciar a sua perigosidade. Resulta que, ao final, o ponte caiu na mesma semana do xuizo arrastrando consigo un autobus cuxos mortos apareceron na costa galega días despois. Esperamos que non nos teñamos que ver en tal situación para recoñecer a lexitimidade das protestas e o absurdo das cargas e detencións dos veciños e veciñas que buscan denunciar estes feitos.

ASINA e reenvia este mail aos teus contactos.

Formulario

Páxina web

¿Preguntas ou comentarios? Envíenos un correo electrónico a mpdc@movemento.org ou chame ao número 610858850

Sem comentários: