segunda-feira, junho 04, 2007

POLA LIBERDADE DE PRENSA, NON AOS CONSORCIOS.

Rede de Intelectuais en Defensa da Humanidade.

Ecuvives

Respectamos a decisión da Comisión Nacional de Telecomunicacións de Venezuela (CONATEL) de non renovar a licenza para a utilización da canle estatal número dous á canle privada Radio Caracas TV (RCTV). Esta decisión é acorde coa política internacional para os medios de comunicación e ademais, está en completa harmonía coas leis nacionais e as normas internacionais.

Respectamos a adxudicación alternante de licenzas de transmisión estatais. A mesma ten o fin de dar aos novos medios o acceso á radiodifusión estatal. O argumento de que RCTV estivo transmitindo desde fai 53 anos, é unha proba a favor da decisión do Estado venezolano e non na súa contra.

Recoñecemos o dereito do goberno de Venezuela a dispor libremente dos seus recursos para a radiodifusión. No caso de RCTV tamén se actúo legalmente, segundo o establecido por un decreto de 1987. A canle non se pechou, a licenza non se retirou. O prazo de utilización para a transmisión terrestre expirou. En diante RCTV pode seguir transmitindo por cable e satélite.

Observamos con preocupación as noticias sobre este caso. A canle RCTV preséntase a nivel internacional como vítima dunha suposta política mediática represiva.

A realidade é que a xerencia da canle, a cal agora sae a escena como pioneira da liberdade de prensa, participou de forma activa en abril de 2002 nun intento de golpe de estado ao goberno do presidente Hugo Chávez, quen fora elixido democraticamente. Naquela ocasión a canle censurou ao goberno e apoiou aos golpistas. Durante o intento de golpe de estado morreron 13 persoas. O autoproclamado presidente de transición disolveu todos os órganos constitucionais, perseguiu a políticos electos e a coñecidos xornalistas e pechou medios de comunicación. Non comprendemos as posicións como a da organización Reporteiros sen Fronteira, a cal trivializa este asunto como dereito á crítica”, durante unha entrevista coa canle alemá “Deutsche Welle” (A Voz de Alemaña).

Tendo en conta as reportaxes, vemos a necesidade dun debate sobre a democratización dos medios, non só en Venezuela. Segundo datos de CONATEL, os consorcios mediáticos privados seguen producindo o 80% das informacións en Venezuela. A visión que o exterior ten de Venezuela corresponde en gran medida á visión que os grandes consorcios teñen do goberno de Chávez, que está reformado socialmente ao país. Pero se a liberdade de prensa confúndese coa liberdade dos conglomerados mediáticos, o dereito ás informacións reais e independentes vese ameazado.

Berlín, Viena e Zúric, o 1 de xuño de 2007.

Rolf Becker. Actor de televisión, Hamburgo.
Arnold Bruns. Casa editora Pahl-Rugenstein, Bonn.
Sevim Dagdelen. Deputada no Parlamento federal, Die Linke.
Dieter Drüssel. ONG Secretariado de Centroamérica, Zúric.
Peter Fleissner. Profesor de Informática, Viena.
Jürgen Harrer. Casa editora Papyrossa, Colonia.
Nele Hirsch. Deputada no Parlamento federal, Die Linke.
Kai Homilius. Director Casa editoial Kai Homilius, Berlín.
Ulla Jelpke. Deputada no Parlamento federal, Die Linke.
Peter Kleinert. Xornalista, Colonia.
Dietmar Koschmieder. Director da Casa editora 8. Mai, Berlín.
Ralf Leonhard. Xornalista, Viena.
Helmut Lorscheid. Xornalista e autor, Bonn.
Kornelia Möller. Deputada no Parlamento federal, Die Linke.
Harald Neuber. Xornalista, Berlín.
Ingo Niebel. Xornalista e autor, Colonia.
Matthias Oehme. Grupo editorial Eulenspiegel, Berlín.
Michael Opperskalski. Xornalista e autor, Colonia.
Ekkehard Sieker. Xornalista de televisión, Bad Hönningen.
Christoph Twickel. Xornalista e autor, Hamburgo.
Erich Wartecker. Xurista, Viena.
Jean Ziegler. Relator especial de ONU para o Dereito á Alimentación. Zúric

Para adherirse, poden escribir a www.haraldneuber.de ; Harald_Neuber@web.de

Sem comentários: