sexta-feira, junho 22, 2007

Santi Domínguez asegura que o pacto asinado hoxe entre BNG e PSOE garante que se gobernará para a xente


O tenente de alcalde salientou tras a sinatura que os nacionalistas “temos toda a confianza posta neste pacto para que Vigo avance”. O documento íntegro do pacto podes collelo aquí. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosouse convencido, tras asinar o documento que refrenda o acordo de goberno entre BNG e PsdeG-PSOE, de que “hoxe comenza unha nova etapa para esta cidade”. Asegurou que os nacionalistas “temos toda a confianza posta neste pacto para que esta cidade avance, teña reequilibrio territorial e se sitúe no lugar que lle corresponde”. Santi Domínguez salientou que o acordo é moito máis que unha simple redistribución de áreas. “A cidadanía non nos puxo aquí para repartir unha tarta. Deunos unha nova oportunidade de ilusionar a esta cidade, de modernizala.. e non imos defraudar. Faremos políticas baseadas nas persoas e en elevar o nivel de vida dos vigueses e viguesas”, sinalou. O nacionalista garantíu que BNG e PsdeG-PSOE traballarán como dúas forzas cun goberno único e nunha soa dirección. Santi Domínguez dixo que “imos a esquecernos do pasado, aprendendo del, para avanzar cara ao futuro”. A este respecto, dixo que hai que poñer por riba de calisqueira outra cuestión “a confianza e o respecto mutuo”, pero sobre todo “non separarnos deste pacto”. Santi Domínguez garantiu que o alcalde e os concelleiros e concelleiras socialistas contarán con todo o apoio do Bloque Nacionalista Galego nesta nova andaina conxunta. Só reclamou “respecto para o BNG e para o que representa e para o que hoxe acabamos de asinar”.

arquivos para descargar
Acordo de goberno Vigo 22xunho07 (151 Kb)

Sem comentários: