sábado, junho 30, 2007

TEOCRACIAS

Mercés Yusta. (París.)
El País.

No actual pulso entre o Goberno e a Igrexa católica está en xogo algo máis que os contidos dunha materia. Está en xogo a loita pola supremacía entre dúas concepcións opostas de entender a vida política e social: aquela en a que a última palabra corresponde á soberanía popular, representada polo Parlamento, e que sanciona o que os cidadáns, a través dos seus representantes democraticamente elixidos, danse a si mesmos como normas de conducta, e outra que por encima desa autoridade civil, laica e democrática pon unha autoridade suprema e inapelable, a autoridade divina, da que uns poucos (e non precisamente elixidos) se autoproclaman os verdadeiros representantes e traductores.

Habería moito que dicir sobre a particular traducción que a Conferencia Episcopal fai do mensaxe evanxélico. Pero o verdadeiramente grave é que unha instancia relixiosa, como a Igrexa católica, pretenda impor o seu modo de pensar a toda unha sociedade, ideoloxicamente plural e constitucionalmente laica, algo que só se pode explicar recordando que non fai tantos anos en Hespaña a moral (nacional) católica era a doutrina do Estado. O Goberno non pode nin debe ceder ante as presións de quen desexarían instalar unha especie de teocracia en Hespaña, é dicir, un modo de goberno no que a Lei divina, interpretada e sancionada pola xerarquía eclesiástica, estea por encima das leis que os propios cidadáns sancionaron, empezando pola Constitución. En todo caso, na republicana e laica (e socialmente conservadora) Francia esta polémica é percibida como unha verdadeira necidade.

http://www.elpais.com/articulo/opinion/Teocracias/elpporopi/20070626elpepiopi_13/Tes

Sem comentários: