segunda-feira, outubro 08, 2007

NOVO INTENTO GOLPISTA EN VENEZUELA?

O dia 2 de Outubro do 2007 pola noite, 12:30 AM estaba na rede, entrei nun portal chamado Paltalk para facer chat en vídeo texto e audio, e como é usual púxenme a ver as diferentes salas, a escoitar as salas de diferentes países e entrei nunha sala Venezolana. Tiña ganas nese momento de escoitar cousas tradicionais, ata tiña ganas para comer “arepas”. Bo,... tiña ganas de venezolanear jejejejej e escoitar musica criolla, contos e esas cousas; entón entrei nunha sala de Venezuela neste portal que comento e aos minutos de estar alí (nesa sala) deime conta que estaba, por accidente, nunha reunión de 15 persoas as cales estaban reunidas cun golpista coñecido. Na conversa estase organizando e expoñendo un movemento golpista con todas as da lei, desde nomes apelidos, golpe militar, diferentes formar de organizarse para sacar a Hugo Chavez presidente de Venezuela pola violencia. Chama a atención que non é a típica reunión de chat especialmente pola locuacidade de quen vai dirixindo a conversa que é como unha especie de charla institucional. Nese momento tiven a ocorrencia de facer uso dun programa que teño recentemente para explicar os meus debuxos en vídeo, total, decidín gravar o que estaba vendo e escoitando na pantalla da miña computadora.

A conversa fai mais de 24 horas deina a coñecer e a causado certa treboada).

Nun momento do vídeo pregúntaseme quen era eu e efectivamente saúdo a todos sen mais detalles (minuto 3).

Este vídeo decidín facelo ao momento para colocalo nos foros como parte dun documento golpista de interese.

Dura 15 minutos.

Senten libres e autorizados de enviar esta información a quen queiran.

Ernesto León


2 comentários:

Colazo disse...

fíxeme eco desta nova en Chuza! coma se ti foses o autor desa grabación no chat, non sei se erro

Galiza Sosego disse...

A “nova”, foi recibida por Galiza Sosego (GzS) por correo electrónico e vai asinada por un tal “Ernesto León”. Galiza Sosego non se responsabiliza das novas ou opinións publicadas e non asinadas por Galiza Sosego. Aínda así, Galiza Sosego (GzS) despois de valorar a nova recibida, decidiu poñer o titulo co signo de “?” pois alberga certas dubidas sobre a súa autenticidade pois a “nova” non puido ser contrastada e a fonte é absolutamente descoñecida.