sábado, janeiro 19, 2008

APDR ESIXE A DENEGACIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” A ENCE.

APDR ESIXE A DENEGACIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTALINTEGRADA” A ENCE.






Diante da decisión da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia de someter a información pública asolicitude de Autorización Ambiental Integrada (AAI) para a empresa ENCE, a “Asociación Pola Defensa da Ría” quere manifestar o seguinte:
1º.- Dacordo coa Lei 16/2002 de prevención e control integrados da contaminación, que regula o proceso desolicitude da citada AAI, a Xunta de Galicia tiña que terdictado unha resolución ao respecto no prazo máximo de10 meses desde a solicitude de ENCE (23 de novembro de 2004)entendendose desestimada transcurrido este prazo sen que seteña notificado resolución expresa.

2º.- En espera da exposición pública para analizar o conxunto da documentación, desde a APDR podemos adiantar xa que formularemos as oportunas alegacións, pois entendemos que en nengún caso ENCE pode cumplir as condicións esixidas pola lei para continuar na súa actual ubicación, nen desde o punto de vista medio ambiental nen desde o urbanístico.

3º.- A falta de decisión da Xunta de Galicia ao respectodo complexo ENCE-ELNOSA deixa ver a inexistencia de vontade política no goberno galego -e dun xeito moi particular na Consellería de Medio Ambiente- que ven sometendose aos intereses empresariais e dilatando no tempo a toma de decisións, incumprindo mesmo o acordo programático de goberno asinado no momento de chegar ao poder, enfrontandose así á práctica totalidade da poboación da bisbarra que esixe a desaparición do complexo da Ría de Pontevedra.

4º.- Con independencia das alegacións que poidamos formular no seu día, queremonos reafirmar no noso absolutoconvencimento de que só pola vía da mobilización social poderase conquerir a desaparición do complexo ENCE-ELNOSA da nosa Ría con anterioridade ao 2018, un obxectivo ao que non imos renunciar.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2008

Sem comentários: