sexta-feira, janeiro 04, 2008

CiberIrmandade Necesita Colaboración Económica

Un ano máis, a CiberIrmandade necesita colaboración económica para pagar a hospedaxe e, como fixemos sempre, solicitamos aportacións voluntarias por subscripción popular, xa que non queremos inserir publicidade nen solicitar subvencións. Como queremos as contas claras, todos os ingresos e gastos facémolos públicos na web.

A CiberIrmandade da Fala ten contratados 600M de espazo e 20G de transferencia mensual, o que supón un gasto de 422,94 € dos que a dia 30/12/2007 temos 94,04, sendo necesario recadar o total antes do día 7 de febreiro do 2008.

Ao tempo, queremos recadar algo máis, que nos permita avantar na difusión da nosa organización e dos seus obxectivos, por medio da impresión de autocolantes, folletos e campañas semellantes.

A Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala ten un libro de socios e socias, e nel só podemos rexistrar as persoas que explicitamente solicitan ser considerados socios/as, cousa que pasa necesariamente por coñecermos o nome e máis os apelidos reais. Aínda así, se queres facer a tua achega, es libre de decidir a cantidade; mais se esta é igual ou superior a 15€ (cota de socio/a), terás acceso á Asembleia Xeral da asociación que deberemos realizar de contado.
Se queres saber máis disto, podes consultar as seguintes ligazóns:

Sem comentários: