terça-feira, janeiro 29, 2008

Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto

Jaume Renyer*

O 27 de xaneiro foi declarado Día Internacional de Recordo das Victimas do Holocausto contra o pobo xudeu.

O Parlamento de Catalunya e o Goberno da Generalitat celébrano desde fai anos con toda solemnidade, non só para honrar a memoria das víctimas xudías senón tamén a dos miles de cataláns que morreron aos campos nazis. Un dos libros máis arrepiantes que lin nunca é o de Montserrat Roig, "Os cataláns nos campos nazis", (Edicións 62, Barcelona, 1977, a última reedición é do ano 2001). O xudeus cataláns agradecen este acto que dignifica o sentido democrático das institucións catalas e non vai en contra de ninguén, nin supón o apoio á política de defensa do Estado de Israel, como algúns partidos aducen por non sumarse. O Bloque Nacionalista Galego, por exemplo, desmarcouse da conmemoración por este motivo, facendo gala dun sectarismo tardo-estalinista impropio dun partido democrático que aspira á autodeterminación de Galiza. Vale recordar tamén que o BNG abriu expediente a un militante, Pedro Gomez Valadés, polo só feito de ser o presidente da Asociación de Amizade Galiza-Israel.
Outros pobos sufriron xenocidio durante o século vinte: os ucraínos a mans dos soviéticos, os armenios a mans dos turcos, os xitanos a mans dos nazis, e evidentemente os xudeus a mans de todos os fascistas e filo-nazis europeos. Os pobos africanos en sofren na actualidade, por exemplo, os animistas do Darfur a mans do réxime islamita do Sudán, ante o silencio internacional. Sen esquecer o xenocidio dos chechenos a mans dos rusos. O mellor que podemos facer para conmemorar o holocausto é loitar contra os xenocidas de hoxe.

*Jaume Renyer, profesor de Dereito Administrativo da Universidade Rovira i Virgili e presidente do Fòrum Català pel Dret a l'Autoderminació. Ex membro do Consello Consultivo da Generalitat de Cataluña (do 2000 ao 2004).

Jaume Renyer en A Nosa Terra

Sem comentários: