terça-feira, janeiro 01, 2008

GRAZAS!!!

Dende Galiza Sosego (GzS) queremos agradecer a tódalas e tódolos visitantes do noso/voso Blog cando cumprimos case que un ano do noso nacemento. Foron case que 15000 visitas, (moitas por erro, seguro!) mais cando comezamos esta andaina, nunca tivemos nin a mais mínima das pretensións, e certamente seguimos sen telas.

Queremos dar un agradecemento especial aos millóns..., ou miles..., ou centos..., ou ducias..., o ao asinante do Manifesto que este ano pasado foi estrea da nosa sección de Campañas. Crédenos, que a diferencia de vosoutros, non todos os que o leron, souberon ler en el o que non estaba escrito.

Lamentar tamén confusión ou erros totalmente alleos a nós nalgunhas informacións chuzadas, meneadas, etc..., atribuíndonos cousas que non eran certas.

Lembrarvos a todos que o cometido principal e fundacional do Blog, que é a vosa participación, sigue vixente, (de feito, mais se cabe). Calquera opinión, animal o cousa que queirades dicir, so tedes que enviala ao noso/voso correo galizasosego@yahoo.com.br e será publicada. Incluso aquelas que pensedes que van contra a liña editorial do Blog. (O Blog, por non ter, non ten nin liña, nin segmento, nin nada...). En resumo, animádevos a participar no voso/noso Blog.

Quixemos deixar para o final o acto de contrición e arrepentimento. Queremos pedir desculpas a todas e todos aqueles aos que teñamos molestado ou incomodado, ven sexa coas opinións verquidas ou pola inmensa tunda que temos por costume arrearlle a lingua galega nas nosas infames traducións. (Agradecemos moi sinceramente toda corrección que nos fagades chegar, de verdade!!).

En calquera caso, para todos e todas, pedimos escusas por existir e xa está!!!.

Falamos co noso amigo Bono (o de U2) e agasallounos con este vídeo para facilitar a visualización do noso absoluto arrepentimento que esperamos non se volva a producir.

Sem comentários: