Matías Catrileo que os deuses convertan
o azul do ceo nunha alfombra abrandada
para que camiñes en dirección aos antepasados.
Matías Catrileo morto dun balazo por detrás
érguete e recolle o teu sangue e bébea
para que volvas outras vez a loitar.
Nós non desertamos das loitas
só porque nos asasinen ao contrario
mergullámonos no río do tempo
e incendiámolo con berros de vitoria
ata deixalo limpo para seméntaa
da xustiza e a dignidade.
Mozo que che chamas Matías Catrileo
coa túa morte revive aos grandes guerreiros
que loitaron trescentos anos contra o huinca
que quería roubar as terras e o ceo que está
encima das terras sacras.
Catrileo hoxe coa túa morte convertiches
o 3 de Xaneiro en wetrupantu
mañá sairá o sol detrás da cordilleira
e o primeiro que preguntará é onde está
Matías Catrileo e o mesmo fará o espírito da auga
e os bosques e as praderías e os froitos
e ti responderaslles axigantado pola morte
aquí estou disposto a volver á loita.
Entón semellante a como crece o río
cando o ceo chora no inverno así crecerás.
Lautaro que se converteu en estrela
baixa a ensinarche as tácticas que usou contra o conquistador
e ti aprendes rápido como no aula da universidade
onde deixaches baleiro un pupitre e manchados co teu sangue
os cadernos os libros os paxaros e o ceo.
Imos Matías Catrileo que novas loitas
estannos esperando e mil veces venceremos.-









0 comentarios:
Enviar um comentário