quinta-feira, janeiro 10, 2008

"Na miña tribo a ablación é unha norma que non se pode romper"

ENTREVISTA A MAMA SAMATEH.

A presidenta da Asociación contra a Mutilación Feminina afirma que "cada vez hai máis xente en África que está contra desta práctica"

O 29 de decembro resoaba no noso país a polémica da ablación feminina cando un xuíz catalán retiraba a custodia dos fillos duns pais gambianos. O xuíz quería frear así o suposto viaxe durante as festas do Nadal ao país natal da familia para someter ás dúas nenas á ablación. Esta mutilación é un delicto en Europa pero en Gambia non se castiga. Mama Samateh, fundadora de AMAM, a única asociación catalá contra a ablación, naceu en Gambia e pertence á tribo mandinga, na que a ablación é unha norma que non se pode transgredir. Samateh loita para evitar que os africanos que viven en Catalunya fuxan aos seus países para que as súas fillas sexan mutiladas.

- O seu marido apoia a súa loita?
Mellor deixémolo tema...

-Como empeza o seu traballo contra a ablación?
Teño moita experiencia porque pertenzo á tribo mandinga onde a ablación é unha norma que non se pode romper. Todas as nenas deben pasar por esta práctica para que non estean marxinadas da sociedade.

-Que significa a ablación para as tribos que a practican?
Din que é un xeito de purificar á muller e que llo debe facer para poderse casar.

-A muller está obrigada?
Si, tódalas mulleres han de pasar por esta práctica.

-Por que é tan perigosa?
Morren moitas nenas por hemorraxias e infeccións xa que quen o fai non é médico e usa coitelas, follas de afeitar ou vidros.

-Falemos do caso do 29 de decembro, quen denunciou a eses pais?
O colexio avisou aos servizos sociais e estes citaron aos pais para unha entrevista. No traballo non se lle concedeu o permiso á nai e esta pediu outra cita, pero os servizos sociais non lla deron. Deste xeito, denunciaron o caso ao xuíz.

-Cal é a súa opinión sobre todo isto?
A miña opinión é que o xuíz tiña información equivocada e por iso actuou mal. Esta muller non se ía de vacacións, nin sequera tiña días de festa no traballo. Con todo, desde o 21 de decembro non pode ver aos seus fillos.

-Cando llos devolverán?
Pois non o sabemos. O xuíz ten que decidir.

-Existen moitos casos así?
Si. Agora mesmo estou tratando cun similar en Pineda de Mar.

-Cónteme.
Os pais compraron un billete para ir de vacacións ao seu país natal. O pai decidiu que as nenas non volverían máis porque, como boas musulmás, debían ser mutiladas. Por sorte as autoridades retiráronlles os pasaportes.

-Son só os musulmáns os que levan a cabo esta práctica?
Para nada! Isto é o que eles se cren, pero o certo é que os cristiáns tamén practican este castigo.

-Castigo...
Un castigo porque é algo que se impuxo ás mulleres sen ter nada que ver co Corán ou a Biblia. O único fin é o de que o marido asegúrese a fidelidade da súa esposa.

-Rexistraron algún caso de ablación en Catalunya?
Nós só coñecemos un caso que sucedeu en 1992. A nena, que vivía en Mataró, tivo que ser ingresada no hospital porque case se morre. Os rumores apuntan que se segue facendo pero de xeito clandestino.

-As mulleres non cambian de mentalidade ao chegar a Hespaña?
Ao principio non. Logo de informarse van cambiando aínda que seguen mantendo moito contacto cos familiares que viven no país de orixe e apoian esta práctica.

-Cal é o obxectivo de AMAM?
O noso obxectivo é sensibilizar aos pais para que saiban que é un risco para a saúde. Non queremos abolir a cultura senón protexer a saúde das nenas.

-Soa ben pero, como o logran?
Achegámonos ás familias e falamos con eles. Non temos case fondos, pero contamos co apoio dos colexios e os servizos sociais que, cando detectan un caso, chámannos rapidamente para que interactuemos con esas familias. Explicámoslles as leis para que as coñezan e saiban que é un delicto con penas de ata seis a doce anos.

-De que xeito palían o conflicto entre os inmigrantes e as súas familias que viven no país natal?
Pois porque agora tamén tratamos coas oenegués que operan en África. Elas falan cos familiares e explícanlles as leis. É importante informarlles de que cando as nenas volvan a Catalunya, os pediatras analizaranas e se presentan algún problema de saúde os seus pais terán graves problemas.

-Cre vostede que será posible algún día un mundo sen a ablación?
Por sorte cada vez hai máis xente en África que está en contra desta práctica.

http://www.lavanguardia.es/lv24h/20080107/53423729944.html

Sem comentários: