terça-feira, janeiro 22, 2008

Nota de Prensa de AGAI

AGAI DENUNCIA O APAGON INFORMATIVO DOS MEDIOS SOBRE GAZA E ASEGURA QUE É HAMAS QUEN DEIXA SEN ENERXIA AOS PALESTINOS

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) quere transmitir á opinión pública galega as seguintes puntualizacións que sobre a actual situación en Gaza están chegando terxiversadas ou directamente manipuladas, ao tempo que se agocha deliberadamente a realidade do que acontece.

1) A subministración de electricidade a Gaza desde as plantas xeradoras de Israel e de Exipto manténse con normalidade e representa ao redor do 70% das necesidades de electricidade de Gaza. Tanto a planta xeradoras de Israel, con 124 megavatios, como a de Exipto, con 17 megavatios, seguiron funcionando ininterrompidamente.

2) Aínda que se reduciu a subministración de combustible a Gaza desde Israel, debido aos ataques de Hamás con misís Quassam, o desvío a outros usos do combustible destinado aos xeradores de enerxía doméstica é unha decisión adoptada por Hamás e xa que logo responsabilidade súa, unha responsabilidade claramente baseada en consideracións mediáticas e propagandísticas.

3) As acusacións de Hamas de que o recorte a subministración de combustible está a provocar unha crise humanitaria en Gaza, son tamén esaxeradas. Non hai escaseza de alimentos básicos, e os pacientes de Gaza que necesitan tratamento en hospitais israelís seguen viaxando a Israel para ser atendidos.

4) Desde o ano 2001 Israel está sofrindo continuos ataques con foguetes lanzados desde Gaza por organizacións terroristas palestinas. Trinta mil civís israelís están expostos diariamente á ameaza dos foguetes. Estes ataques deliberados á poboación civil non poden contar co consentimento desta Asociación nin, cremos, que da sociedade galega en particular e occidental en xeral.

5) No ano 2007 lanzáronse máis de 2.000 proxectís Qassam e morteiros desde Gaza. Desde que Hamás tomou o control de Gaza, a media de lanzamentos supera os 250 ao mes, cun incremento do 150% desde o mes de xuño. En 2008 lévanse disparados máis de 450 foguetes e morteiros, o cal nos da unha media de 1 foguete por hora.

A pregunta que desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos trasladar a opinión pública galega é como reaccionaria calquera estado europeo se desde as súas fronteiras fora de continuo atacada indiscriminadamente a súa poboación civil (Reino Unido polo IRA, España por Marrocos, Francia por ETA, Rusia polos independentistas chechenos...).

Por último lembrar que desde o ano 2005 en Gaza non hai presenza israelí. A resolución do conflito no que desde Israel e a Autoridade Nacional Palestina de Abu Mazen veñen traballado intensamente e co compromiso público de chegar a unha solución viábel e pacífica antes de finais do ano 2008, é sabotada desde Gaza polo grupo integrista islámico de Hamas, para quen non hai ningunha vía de entendemento posíbel con Israel. Dese xeito, Hamas pode presumir de ter asasinado desde a súa toma do poder en Gaza a centos de palestinos por consideracións ideolóxicas, relixiosas ou políticas.

Vigo, 21 de Xaneiro de 2008

6 comentários:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Galiza Sosego disse...

Tódalas opinións son validas e este é un Blog aberto a elas, mais é imprescindible un mínimo de cortesía, ríspeto e educación. Serán eliminados tódolos comentarios que conteñas expresións de mal gusto, difamatorias, ou insultos; sen ningún tipo de excepción.

Anónimo disse...

Qué pior que negar o xenocidio que está a cometer israel cos palestinos? O que hai que banear é a mensaxe colgada polos criminais eses da AGAI, que se adican a viaxar a Israel a gastos pagos polo governo asasino de Israel.
Galiza con Palestina!

Galiza Sosego disse...

Estimado “Anónimo”:

Dende GzS se agradece a túa participación no Blog co teu comentario. Estás invitada/o a enviar un artigo (se o desexas baixo pseudónimo) en resposta ao comunicado da AGAI. Podes facelo, enviando un correo a galizasosego@yahoo.com.br

Saúdos.

Colectivo Galiza-Israel disse...

Que tristeza o cerebro. Resulta que descubrimos... que hai un muro exipcio de separación coa franxa de Gaza... que Exipto ten pechada a súa fronteira con Gaza... pero tanto ten, a culpa sempre é do cha-cha-chá. Propaganda ou Información, eis a cuestión.