sexta-feira, janeiro 25, 2008

O 15% dos adolescentes botarían aos xudeus de Hespaña, segundo Movemento contra a Intolerancia.

EUROPA PRESS

O 15 por cento dos adolescentes manteñen que se deles dependese, "botarían aos xudeus de Hespaña", segundo unha enquisa realizada polo Movemento contra a Intolerancia, que desenvolverá diversas actividades de sensibilización en centros escolares de todo o país, aproveitando a conmemoración, este domingo, da memoria das víctimas do Holocausto e doutros crimes do xenocidio.

O obxectivo destas actividades é, segundo os organizadores, "comprometer á comunidade educativa na erradicación de calquera forma de odio racista, xenófobo e antisemita".

De feito, a Unión Europea, a OSCE, o Consello de Europa e as Nacións Unidas, "insisten", segundo o Movemento, na necesidade de que se realicen programas de Educación sobre o Holocausto, para "transmitir ás novas xeracións a necesidade de combater o odio e a intolerancia en tódalas súas formas".

Así mesmo, sinalaron que o antisemitismo que se pode atopar en páxinas web orixinadas en Hespaña é "aínda máis salvaxe e ata delictuoso", xa que "xustifican o Holocausto e considéranse continuadores da obra de Hitler".

Por este motivo, o Movemento pediu ao Goberno e aos partidos políticos un impulso na loita contra o antisemitismo que comece en esixir á Fiscalía a investigación e peche das webs neonazis que "alimentan o odio".

Ademais solicitaron un compromiso para "garantir que na próxima lexislatura o negacionismo seguirá sendo un delicto penal", tal e como viña contemplado no Código Penal de 1995, ata que o Tribunal Constitucional modificáseo en novembro de 2007.

http://www.europapress.es/noticiasocial.aspx?cod=20080124170952&ch=00313

Sem comentários: