terça-feira, janeiro 15, 2008

O temporal obriga a pechar o Porto de Vigo.

Dende as 14:00 h. de hoxe, e a proposta da Capitanía Marítima de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo, decidiu pechalo porto.
Ante o empeoramento das condicións do mar e vento de compoñente oeste con refachos de forza 9, por motivos de Seguridade Marítima, a Capitanía Marítima de Vigo propón a Autoridade Portuaria de Vigo a suspensión de tódolos servicios portuarios de practicaxe e das operacións de atraque de buques, a partir das 14:00 h. de hoxe. Avaliada a situación as 16:30 h. de hoxe, a Capitanía Marítima de Vigo, decidiu manter tódalas medidas adoptadas ata as 18:30 h. nas que se volveu a avaliar a situación. Finalmente, as 18:45 h. de hoxe o servicio portuario quedou normalizado.

GzS

Sem comentários: