sábado, janeiro 05, 2008

O Viño, en Galego

UNHA GALICIA MÁIS DE NOSO


Por unha economia galeguizada

Estimados amigos e amigas, o día 4 de nadal apareceu publicado en tódolos xornais de Galicia este anuncio. Forma parte dunha campaña de normalización promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Consellería de M.Rural e Política Lingüística. Quere fomentar o uso da lingua galega na etiquetaxe dos viños e animar aos consumidores a optaren polas marcas que utilizan a lingua galega nas etiquetas.A galeguización da economía depende de todos.Agradecémosvos que o reenviedes a amigos, parentes...para divulgar a mensaxe.

No ano 2003 eran 12 as adegas que etiquetaban en galego. No 2006, chegamos ás 59. En 2007, xa son 115 de 440, coa promesa de 14 adegas de etiquetaren a colleita do 2008 na nosa lingua.

É importante a colaboración dos consumidores, que son, ao cabo, os que marcan o rumbo do proceso.

Sem comentários: