sexta-feira, fevereiro 22, 2008

Algo inaudito

O ollo de Belém.

Estou alucinando, case que non o podo crer. Hoxe acordei pola mañá e pola radio daban a nova, con todo luxo de detalles. Eu escoite atentamente todo o que dicían, falaban do Partido Popular, do PSOE, e do BNG. Cambien de emisora e o mesmo, en todas. Ven en todas as de novas claro, en outras tiñas música. Decidida, e en pixama aínda, co café xa case que frío na man fun poñer o Tv. En TVE 24H. daban a mesma nova y en CNN+ tamén. Incluso na Galega!! Non pode ser. Non mo podo crer. Prepareime e baixei lixeira cara os quiosco, e tódolos xornais apuntaban o mesmo. A campaña electoral recen comezara.

Pero... digo eu, si a campaña electoral comezou hoxe de madrugada, onde estivemos metidos ata o de agora? Que foi o que estivo pasando todos estes últimos meses?

A campaña electoral xa fai moito que comezou, de feito, a campaña electoral non remata nunca. Os políticos están sempre e constantemente en campaña electora, sempre é período de eleccións.

Por: Belém Gonçalvez Álvarez.

Sem comentários: