quarta-feira, fevereiro 20, 2008

APROBADA A PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG PARA MANTER A TARIFA NOCTURNA

Fernando Blanco Parga, deputado do BNG, valorou positivamente que o resto dos grupos parlamentares se sumasen á iniciativa do BNG para manter a tarifa nocturna.

A proposición transaccionada pola Cámara galega, recolle as seguintes cuestións: En primeiro lugar, o mantemento da tarifa eléctrica 2.0 con discrimación nocturna ou similar. En segundo, a revisión á baixa dos termos de enerxía das tarifas 2.0.X de discriminación horaria antes de xullo do 2008, de feito que facilite a recuperación dos investimentos por parte dos consumidores.

En terceiro lugar, o Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno do Estado para pedir unha moratoria de seis meses, desde xullo do 2008 para os usuarios que desexen pasar de tarifa nocturna á de discrimnación horaria. En cuarto lugar, para solicitar do ministerio de Industria liñas de subvención para os custes de adaptación dos equipamentos dos usuarios da tarifa nocturna.

Así mesmo, segundo a Proposición Non de Lei aprobada, os dereitos de acometida por cambio de tarifa deberán ser con cargo íntegro ás compañías distribuidoras. Por último, tamén se lle esixirá ao ministerio de Industria que preste a súa plena colaboración á Xunta de Galiza para o desenvolvemento de campañas divulgativas e de asesoramento aos usuarios.

Sem comentários: