quarta-feira, fevereiro 20, 2008

As augas galegas que murchan a lingua


A CiberIrmandade da Fala propón unha nova campaña para promover a galeguización das embotelladoras de augas de Galiza. A escolla dunha auga dun manancial galego fronte a outras de diversas procedencias é algo habitual na meirande parte dos cidadáns. Mais moitas das grandes empresas embotelladoras de Galiza, Augas de Mondariz, Fontecelta, Augas de Sousas ou Aguasana, só usan o galego, no mellor dos casos, na súa denominación, esquecéndoo no resto das súas actividades, na publicidade, nas etiquetaxes, nas páxinas web...

1 comentário:

Anónimo disse...

grazas por espalhar esta campanha!

CiberIrmandade da Fala