quarta-feira, fevereiro 20, 2008

As Xerais

Estou un tanto confusa, non dou atinado co tema este das eleccións xerais. Teño claro que si quero ir ao chamado “voto útil” terei que facelo por calqueira dos tres partidos con representación na cámara galega. Esto es, o Partido Popular, o Partido Socialista ou o Bloque. Eu moito nisto da política non ando, pero algo sei. Vendo a publicidade polas rúas de Vigo, doume conta de dúas cuestións que dificultan moitísimo o meu voto.

A primeira é que o Partido Socialista apostou por unha moi moderna estética xuvenil case que copia da campaña municipal feita en Vigo por Santiago Domínguez Olveira. Pola contra, tanto o Bloque coma o Partido Popular, utilizan a mesma estética dende os anos oitenta. A Lali, a que eu nunca tiven o privilexio de vela nunca sorrir, aparece cun sorriso forzado que ata non sabes se é ela ou non. O Mariano cun sorriso mais falso que un billete de 17 euros e un fondo azul cun texto que di: Las ideas claras. Que moi claras tampouco as deben ter, cando vendo a imaxe desenfadada do PSOE, a copian e poñen agora ao Mariano sen garabata e de brincadeira.

A segunda e a confusión cos nomes. Eu teño claro que pola provincia de Pontevedra, presentase Lali (BNG) outro ano mais; Mariano Rajoy (PP) tamén outro ano mais, a pesares de que nas anteriores se presentarase por Madrid. Debe ser a forza da terriña o que o fixo volver. Mariano sempre foi moi home de moita saudade. Pero o que realmente é sorprendente é que Zapatero, tamén se decidira a presentarse por Pontevedra (Este home non era de León). Mire onde mire, son as tres persoas que vexo, Lali, Mariano e Jose Luís. Ou acaso no PP e no PSOE teñen outros candidatos? Se teñen outros porque non os poñen a sorrir tamén? Son tan feos?

Estou un tanto perplexa.

Cortesía de: Belém Gonçalves Álvarez

Sem comentários: