segunda-feira, fevereiro 04, 2008

A NEGACIÓN DA REALIDADE

Por Fernando R. Dacosta.

As 8:15 da maña do 6 de agosto de 1945, cando os habitantes de Hiroshima comezaban un novo día, o avión dos EE.UU. B-29, chamado Enola Gay, soltou unha bomba atómica chamada "Little Boy", con 12,500 toneladas de TNT, que detonou 580 metros por riba do Hospital Shima no centro da cidade.

Como resultado do ataque, calor e incendios, a cidade de Hiroshima foi destruída e 90.000 persoas finaron ese día. Tres días despois de destruír Hiroshima, outro avión B-29 atacou a cidade de Nagasaki con outra arma atómica. O resultado do ataque en mortes inmediatas foi de 40.000 persoas.

Ate o final de 1945, 145.000 persoas finaron en Hiroshima e 75.000 en Nagasaki. Mais decenas de milleiros de persoas sufriron feridas moi graves. Mentres entre os sobreviventes, devido aos efectos da radiación, continuaron sufrindo danos os seguintes anos; múltiples enfermidades e o nacemento de bebés con malformacións.

Eu non estiven alí. Eu non vivín aquilo. Eu nacín moitos anos despois, pero con todo, a miña experiencia vital e todos os coñecementos adquiridos e contrastados ao longo da miña vida lévanme á crenza intima de que iso ocorreu en realidade.

Eu podo ter unha opinión creada pola miña situación persoal, social, cultural e política sobre os acontecementos en si mesmo. O feito histórico o podo considerar como o atentado mas grave conta a humanidade ou podo xustificalo pensando que foi un mal menor que conseguiu evitar a morte de moitas mais persoas. Pero o que non podo negar en absoluto é o feito en si.

Si alguén me dixera que eso non ocorreu nunca, e que todo foi un feito inventado, estaría insultando a miña intelixencia. Con todo podería esta persoa ter o convencemento intimo de ter razón. Peor aínda seria, que fora consciente dos feitos e mentira ao ríspeto con algún fin, porque podería convencer da súa mentira a xente que o créese e converteríanse deste xeito en xente enganada.
O Holocausto Nazi, é un feito incontestable. Podes repudialo ou podes xustificalo, mais a súa xustificación e absoluta e moralmente desprezable en case que todas as situacións sociais, culturais, políticas, ... do mundo. A negación do feito, evita a súa xustificación, e a partires de entonces, todo é posible.

Como podes dicirlle a un supervivente do Holocausto Nazi, que todo o que viviu, todo o que viu, todo o que sufriu, non ocorreu?.

Dentro de uns anos, xa non quedara con vida ningunha persoa que vivira aquela época. Canto mais tempo pase, mais doado será falsear a verdade e correrase o risco de que se volva a repetir, polo tanto, a negación dun feito así, converte aos que o negan en cómplices dos verdugos e repetidores en potencia do ocorrido.

A negación é a xustificación dos feitos, polo que debe visualizarse sempre a un negador coma un xustificador.Hoxe en día, os únicos que continúan a xustificar publicamente o Holocausto, son os pequenos grupos Nazis que aínda atópanse por todo o mundo. Os que non queren verse involucrados na estética Nazi, nin ser catalogados coma tales, recorren a negación, mais isto non os deixa fora do cualificativo NAZI. A negación é a xustificación; polo tanto, é tan Nazi un xustificador coma un negador, estea onde estea e teña a cultura que teña.

Sem comentários: