sábado, fevereiro 17, 2007

A UPG comeza unha guerra fratricida e antropófaga.

Martin Niemöller. (Pastor protestante alemán, 1898-1956).

"Primeiro viñeron buscar aos comunistas, e eu non era comunista así que non falei. Despois viñeron polos socialistas e os gremialistas, pero non era o un nin o outro así que non falei. Despois viñeron a por os xudeus, pero eu non era xudeu así que non falei. E cando viñeron a por min xa non quedaba ninguén que puidese falar por min"

(1945, respondendo á pregunta dun estudante das razóns por que ninguén se enfrontou aos nazis. Esta cita frecuentemente atribúese a Bertolt Brecht e cítase mal. As palabras exactas foron fornecidas pola esposa de Niemöller, Sibylle Sarah Niemöller von Sell).

É excesivamente recorrente comezar citando o coñecidísimo poema, pero é o que mais a conto ven. No BNG asemella que comezou unha caza de Meigas. A estrataxema da UPG de controlar o BNG na ultima Asemblea Nacional, fracasou. Para mais, en Vigo, na Asemblea Comarcal, A Alternativa levou un 45% dos votos, moi por riba das expectativas propias da A Alternativa. Isto fixo moito dano na UPG, e decidiron ir a por todas... Decidiron comezar a Guerra.

O Responsable Comarcal de Lingua e Cultura da Comarca de Vigo, foi vetado coma responsable da Comisión de Lingua e Cultura da propia comarca aludindo única é exclusivamente razóns RACISTAS. O dito Responsable Comarcal, na súa vida privada e presidente dunha asociación de nome “Asociación Galega de Amizade con Israel”. Sen querer entrar a valorar a asociación en si, o que queda claro e o RACISMO ANTISEMITA, o veto a liberdade de asociación recollido la lexislación vixente e o veto a liberdade de expresión recollida pola inmensa maioría de organismos internacionais.

Se o feito en si rematase ai, non pasaría o dato de anecdótico, mais e sabido por GALIZA SOSEGO, que o Consello Comarcal de Vigo, en vésperas de unhas eleccións Municipais da transcendencia que supoñen estas para a cidade de Vigo, esta a promover a expulsión de dito responsable Comarcal co único argumento da pertenza a esa asociación.

Que é mais importante para a UPG, o resultado electoral de Vigo ou gañar mais porción de poder con modos stalinistas antidemocráticos poñendo en serio risco a campaña electoral de Vigo?

Nunha das ultimas reunións do Consello Local de Vigo, un membro do consello e concelleiro no concello de Vigo; un home sempre considerado sensato por GALIZA SOSEGO; preguntou en alto: “Estades dispostos a abrir de verdade esa Caixa de Pandora”

Continuaremos informando.

GALIZA SOSEGO

10 comentários:

Julicheiro disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Julicheiro disse...

Esta vez o quintanismo tamén mirará para outro lado?

Anónimo disse...

É compatíbel presidir ou pertencer a esa asociación con militar no BNG?
Permítanme dubidalo...

Anónimo disse...

o mesmiño dirías se fose o contrario, amiguiño. Ti a disfrutar e vaite co teu compañeiro a israel, que ali sempre fan falta asesinos como o que chegou a reponsable en Vigo do bng. Como está ese partido que un nazi chega a responsable de algo. Menos mal que existe a upj e contrala a panda de arribistas que intenta tamen colarse nese partido. Ala, colle a arma e vaite matar palestinos, que entre eles non danse matado....

Julicheiro disse...

Para o primeiro anómino, pódese saber en qué se basea para decir que é incompatible? Pois claro que é compatible estar en ambas asociacións! Ou é que un non pode ser nacionalista galego e amosar a súa solidaridade co acoso mediático que sofre Israel? Ou é que se os anxelicais palestinos non recurrisen sistemáticamente ó terrorismo a situación xa houbera mellorado hai moito tempo? Cada quén pode ter respecto deste conflicto (ou de calquera outro) a postura que lle pete: para estar no Bloque o que se pide é comprometerse co proceso de construcción nacional de Galiza. Ou é que o tan cacareado dereito á discrepancia dos estatutos só vale cando... non hai discrepancia.

Non me cabe ningunha dúbida que o segundo anónimo non ten nin a menor idea do que fala, porque equipara a un israelí ou a un proisraslí cun nazi é propio do eslabón perdido. E seguro que se cre moralmente superior, dende a súa gran estupidez! Outra cousa é que os ignorantes coma vostedes prefiran non coñecer toda a historia porque botaría por terra os seus asquerosos prexuízos. Segurísimo que saben tanto do conflicto coma eu de astrofísica, pero coma opinar é gratis... E eu non son o seu amiguiño, seguro que hai algún orangután co que fai mellores migas.

Galiza Sosego disse...

Por favor, preganse eviten os descalificativos persoais para non estarmos obrigados a censurar ninguha opinión. O debate so necesita de intelixencia, non de insultos.

Galiza Sosego

Julicheiro disse...

Supoño que iso tamén irá pola calificacións de "asesino" e "nazi" e que deixou o usuario anónimo.

Respostei abrúptamente ó segundo anómimo, non ó primeiro, porque foi no segundo onde se me increpou. Se non el non quere que o insluten que comence por non faltar a ninguén.

turonio disse...

Solidarízome co represaliado por ser diferente. Un Bloque de partidos que non admite ideas diferentes das que lle pracen á maioría de integrantes non é un bloque de diferentes tendencias.
Un desastre, esta noticia é un desastre.
E se non abranguen porque non queren todo o nacionalismo hai lexitimidade de sobra para que parte deste busque o seu camiño lonxe da sombra dos de sempre.

Anónimo disse...

julicheiro, non te poñas nervioso, cariño, o eslabon perdido infórmate que sempre hai xente pa to, pinochetistas, franquistas, nazis, estalinistas e até proisraelitas. Estes últimos se caracterizan porque gostan de ver masacrados a bebes, as perversiones xa se sabe, deben de dar para moito, por iso te insisto meu, vaite para israel que tendes moito chollo, quedan moitos rapaces para facer tiro, e xa postos, disfrutao. E tranquilo que xa non te vou a contestar porque co Mosat non hai que andarse de bromas, sodes os mellores, non o dubides.

Julicheiro disse...

E seguro que é d@s que berran "Adiante coa Intifada!". E os que apoiamos a solución de dous Estados para dous pobos somos os sádicos. Meu deus, é o mundo ó revés!