segunda-feira, fevereiro 25, 2008

Xerais 08: A fin de semana.

O ollo de Belém.

Esta fin de semana, como non podería ser doutra forma, entreguei todo o meu tempo e tódolos meus sentidos a enfrascarme na inxente información que sobre a campaña electoral, os medios de información, sobre todo, a prensa escrita e internet, verten sobre todos nós.

Ao quiosco fun cunha carretilla, porque a prensa do domingo é algo xa fora do normal, entre suplementos, mais follas que pola semana e publicidade...

O ordenador o tiña xa botando fume, consultando todo e canto portal de internet teña a mais mínima información da campaña. As pestanas queimáronseme coa pantalla. As webs dos partidos en contenda foron consultadas unha e outra vez.

O meu único interese era que o luns puidera informar, mais que opinar. Poren, so podo opinar, e o mellor de todo, o que mais que gustou e emocionou foi o merecido Oscar© que lle deron a Javier Barden. Encantador discurso.
Por: Belém Gonçalves Álvarez

Sem comentários: