sexta-feira, fevereiro 29, 2008

Xerais 08: Rosa Díez.

O ollo de Belém.

Levo uns días sen aparecer. O debate do luns deixoume abraiada e falta de palabras, e ademais... Ben, o certo é que haber si estes de Galiza Sosego pensaban que pola cara ía eu a mandarlles catro liñas tódolos días... Eu mando cando podo ou cando me peta.

Pero hoxe non vou falar nin do PP, nin do PSOE, nin do BNG. Hoxe vou falar do partido de Rosa Díez, Democracia Unida ou Unidad de Democatas para Todos ou algo así... Ben o tema é que o nome do partido é o de menos, pois ao fin e o cabo é o partido de Rosa Díez. Que muller!!! É admirable.

Eu cando por calquera motivo teño que sacar o Documento de Identidade, procuro que non se fixen moito na foto. E é que é certo, cando vas sacar a foto para o Documento de Identidade, ou esta arrefriada, e tes o nariz de pataca, ou non pegastes ollo en toda a noite e tes ollos de croque. En calquera caso pásalle a todo o mundo. Cando te cae o Documento de Identidade de calquera na man, o normal é escachar coa risa. E logo ti antes tiñas pelo? Aprovéitaste a foto da primeira comuñón? E ese pelo filla? Que dano te fixeron os anos 80., etc...

Pero Rosa Díez, non, ela non. Ela non so non sinte ningunha vergoña pola foto do Documento de Identidade, que ademais non debeu ter tempo para pasar polo fotografo a sacarse unha foto para a campaña que deulles aos publicistas unha fotocopia do seu Documento de Identidade para que aproveitaran a foto.

Iso denota algo de “cutrerio”, pero por outra parte que ben feitiña sae na foto. E iso que xa ten os seus anos, mais aparenta moito mais noviña; como a Ana Rosa, que non sei eu si se presentará tamén polo seu partido.

Por: Belém Gonçalves Álvarez
oollodebelem@yahoo.com.br

Sem comentários: