quinta-feira, março 06, 2008

AS NENAS SON VÍCTIMAS DE VIOLENCIA EN ESCOLAS DE TODO O MUNDO

Amnistía Internacional

A violencia continua sendo un grave problema nas institucións educativas e ao redor delas. Constantemente e en países de todo o mundo as nenas son discriminadas, reciben golpes en nome da disciplina, e son acosadas, intimidadas ou agredidas sexualmente camiño da escola ou unha vez nela, segundo denuncia Amnistía Internacional no informe “Escolas Seguras: o dereito de cada nena”, publicado o 6 de marzo.

”Practicamente todos os gobernos afirman aborrecer a violencia contra as mulleres e as nenas. As escolas son lugares onde os gobernos teñen responsabilidade directa e poden comezar a apoiar as súas palabras con accións concretas”, afirma Widney Brown, directora xeral de Amnistía Internacional. O informe de Amnistía Internacional pon de relevo a violencia á que se somete ás nenas en escolas de todo o mundo: sofren ameazas de agresión sexual doutros estudiantes, escoitan como profesores lles ofrecen cualificacións máis altas a cambio de favores sexuais, e ata son violadas na sala de profesores. A miúdo, estes abusos non se denuncian nin se castigan, enviándose así a mensaxe de que a violencia contra as mulleres e as nenas é algo aceptable e que a agresión masculina é algo normal.

A violencia contra as nenas na escola ten efectos, tanto inmediatos como a longo prazo, non só na saúde física e mental das víctimas, senón no ámbito do ensino. A violencia pode facer que abandonen os estudios e perdan toda esperanza de escapar do círculo de pobreza e marxinación en que viven.

Amnistía Internacional pide ao Representante Especial de Nacións Unidas sobre a Violencia contra a Infancia, aos gobernos e as autoridades escolares de todo o mundo que tomen as medidas necesarias para pór fin á violencia contra as nenas, especialmente nas escolas.

http://www.es.amnesty.org/nomasviolencia/noticia93.php

Sem comentários: