segunda-feira, março 24, 2008

A esquerda mexicana suicídase

Cárdenas, fundador do PRD, denuncia que as primarias foron unha “lameira”

O Partido da Revolución Democrática (PRD), a maior formación de esquerda e a que máis lonxe chegou á hora de presentar unha alternativa electoral ao vello sistema e ao Partido Revolucionario Institucional (PRI), áchase inmerso nunha profunda crise.

O fundador do PRD, Cuauhtémoc Cárdenas, pediu o pasado venres, nunha carta aberta dirixida á militancia, que, "ante a lameira en que se sumiu o proceso", anúlense as eleccións internas do pasado 16 de marzo, que estiveron infestadas de irregularidades.

"A práctica dos grupos e individuos con maior peso no partido, ao longo de todo o proceso e, sobre todo, na xornada electoral e nos días posteriores a esta, foi de quebrantamento sistemático das normas estatutarias e de rotura absoluta de todo principio ético", dixo Cárdenas. Eses comportamentos causaron, na súa opinión, "un dano irreversible á organización que terá un altísimo custo de recuperación". Ás primarias para renovar os órganos de dirección do partido presentábanse como favoritos Alejandro Encinas e Jesús Ortega.

Para rabuñar votos, os partidarios de ambos usaron todos os vellos métodos de fraude que o PRI aplicou durante os seus 70 anos no poder, como a operación taco, que consiste en meter varios votos ao mesmo tempo, ou a operación carrexo, que supón levar votantes a varias localidades para que voten varias veces. Tamén se montaron centros de compra de votos, onde estes se pagan entre 70 e 120 pesos (entre 4 e 7 euros), roubáronse urnas e destruíronse actas. As trampas foron tantas e tan grandes que non se sabe quen gañou.

"Aceptar que dun proceso nestas condicións poidan xurdir resultados válidos legal e moralmente sería caer na súa mesma sucidade", sentenciou o fundador do PRD.

"Degradación extrema"

Na súa carta, Cárdenas fai un diagnóstico implacable do PRD. Iso si, sen asumir a súa responsabilidade. "O proceso para renovar a dirección chegou a graos talles de desaseo e confrontación que exhiben o extremo da súa degradación e reclaman accións drásticas e decisivas", di.

"O partido nas súas condicións actuais está incapacitado para cumprir co compromiso que ten co pobo. O partido nas súas condicións actuais está traizoando aos seus mortos. O partido, sucio e lastrado como se atopa polas violacións ás súas regras internas e os vicios nas conductas de moitos dos seus dirixentes e militantes, perde a súa condición de instrumento de loita pola soberanía e pola democracia", conclúe.

Dezanove anos logo da fundación do partido, o fillo do ex presidente Lázaro Cárdenas escribiu coa súa carta unha especie de acta de defunción do mesmo, ao propor como única alternativa a anulación do proceso.

Poren, o presidente do PRD, Leonel Cota, replicou ao líder moral do partido que a súa opinión era só a de "un militante distinguido e recoñecido", e que correspondía aos órganos internos revisar a validez da elección.

A fraude expresa ata que punto calou a vella cultura priísta na sociedade mexicana. En última instancia, o PRD é resultado da fusión dun sector do PRI e dun sector da esquerda vinculado ao vello Partido Comunista Mexicano, e arrastra consigo todos os erros dos seus predecesores.

Sem comentários: