terça-feira, março 18, 2008

Galiza en cifras

O Instituto Galego de Estatística realiza, dende 1986 o anuario Galicia en cifras. Nesta publicación recóllense as principais variables de contido estatístico das diferentes fontes dispoñibles no período de referencia e sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica relativas á Comunidade Autónoma de Galicia.

Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf. O último exemplar publicado (libro con cd-rom) pode adquirirse nas librerías e os anteriores poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.
.
Consulta xa o Anuario do 2006
Neste apartado pódese consultar o exemplar do anuario Galicia en Cifras, atopándose a información agrupada nos distintos capítulos dos anuarios.

Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web.

Sem comentários: