terça-feira, março 04, 2008

Xerais 08: O debate

O ollo de Belém.

Case que teño a obriga de falar do debate. O día despois, os e as analista políticos e políticas (inclusive as afeccionadas coma eu) temos que falar do debate.

Pois non me gustou!!.

Ata aquí o meu análise do debate.

Claro, seguro que queredes que faga un comentario mais amplo. Ben intentareino.

Non me gustou, nin este nin o primeiro, por unha simple cuestión de formas. Este tipo de debates fomentan e callan no subconsciente colectivo como que a única realidade política posible é o bipartidismo. E para mais colmo, o bipartidismo nacionalista español.

Onte, pouco antes do debate, ante un recurso de amparo presentado por CIU e IU, o tribunal supremo tivo que pronunciarse. Preferiu decantarse pola cautela, esa que non amosa cando se fala de ANV.

Logo pois, debate... Why do you ask?

Por: Belém Gonçalves Álvarez

Sem comentários: