quarta-feira, abril 23, 2008

As Linguas no Sistema Educativo Galego

En xullo de 2007 entrou en vigor a nova normativa sobre a regulación do uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo (Decreto 124/2007). Este decreto reforza o programa de educación bilingüe que se vén ofrecendo en Galicia dende 1995. A principal diferenza é que o actual programa marca nun mínimo do 50 % as materias que deben ensinarse en galego, fronte ao teórico e nunca cumprido 33 % do programa anterior. Este cambio é moi necesario unha vez feito o diagnóstico da aplicación do programa durante os últimos 12 anos, que deu uns resultados moi insatisfactorios na adquisición ou reforzamento de competencias lingüísticas do alumnado galego.
Os datos demostraron que co anterior programa os únicos alumnos con alta competencia bilingüe oral e escrita eran aqueles de lingua inicial ou ambiental galega, mentres que os alumnos de lingua inicial ou ambiental castelá non conseguían ser bilingües ao se detectaren neles graves eivas e insuficiente formación lingüística.
O programa anterior, o do chamado “bilingüismo harmónico”, resultou un fracaso porque non capacitou por igual a todo o alumnado nas dúas linguas oficiais.

Sem comentários: