segunda-feira, abril 07, 2008

CRISTIÁNS SOCIALISTAS

Bruno Renaud

Que significa ser socialista en América latina? Deixemos de lado as referencias precisas á filosofía ou a historia política. Ser socialista é buscar “xustiza, solidariedade, igualdade”. Estas foron as propias palabras do papa Paulo VI, nos anos ‘70. Con todo, canto custa ser de tendencia socialista na Igrexa , e moi especialmente na Igrexa de hoxe! Ata os socialistas máis insospeitablemente cristiáns atopan un muro de seda, tipicamente eclesiástico, para significarlles a profunda hostilidade da institución eclesial.

Os anos ‘60 e ‘70 do século pasado parecían máis propicios a esta opción de marcada fidelidade ao Evanxeo de Xesús Cristo. O xiro cara á “dereita” que deu a sociedade globalizada a partir de comezos dos anos ‘80 débese a dous factores principais, que actuaron en conivencia: o primeiro foi o triunfo político (que non social nin económico) do proxecto capitalista e a súa filosofía da vida, os cales atoparon no presidente norteamericano Ronald Reagan, máis que un teórico, un excelente xinete ou comunicador social. O segundo foi a chegada ao poder pontifical do papa Xoán Paulo II, cuxo carisma excepcional facilitou a aceptación das teses máis conservadoras, aínda a nivel social, no seo da Igrexa e de toda a sociedade.

”Cheguei hoxe aquí a convencerme de que a fe e a miña procura da xustiza atopan na opción socialista un modelo máis acorde con estas aspiracións que nos outros modelos que coñezo. Tomar pretexto de (os erros do socialismo real) para xustificar o noso pacto cos opresores na sociedade capitalista, en Venezuela e en América Latina, é converter a relixión en casamenteira dos opresores”. “A maioría pobre de América Latina é profundamente cristiá”; optar por ela, “isto é socialismo”. E é tamén Evanxeo.

Tomo estas palabras do folleto Cristianismo e socialismo, do P. Luís Ugalde, actual rector da UCAB , editado polo Centro Gumilla fai uns trinta anos. Por motivos que descoñezo, o P. Ugalde xa non defende as mesmas ideas, pero o seu escrito non perdeu actualidade, fronte a un mundo capitalista cada vez máis salvaxe e inhumano.
Sacerdote de Petar, Venezuela

Sem comentários: