sábado, abril 05, 2008

A destrución do Courel

Este Domingo, 6 de abril de 2008, no programa “El Escarabajo Verde” de “La 2”, emítíuse:

O' COUREL, LA JOYA DE LA BIODERSIDAD GALLEGA

Vídeo:
http://www.escarabajoverde.tve.es/

Tamén se r e e m i t e na seguinte semana do 11 ao 13 de abril

Canal 24 Horas SÁBADO 12,ás 18h30 Internet ::
Canal 24 Horas SÁBADO12, ás 12h30 Internet ::
Canal 24 Horas VIERNES 11, ás 15h00 Internet ::
TVE Internacional (Europa/Asia) SÁBADO 12, ás 17h30 Satélite ::
TVE Internacional (America) LUNES14, ás 00h30 Satélite ::
TVE Internacional (América II)LUNES 14, ás 02h30 Satélite.
Máis Información sobre o Courel
Mentres tanto segue a inmensa desfeita do 1/3 do Courel que queda vivo:

- NO Boletín Oficial do Estado do 06 / 07 / 2006,
no parágrafo 5º di :

“ El río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación de pizarra actual como por la escombrera de estériles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.”

¿ Quen dicía que a auga era escasa ? ¿ E ao efecto invernadoiro só se lle fai caso nos folletos caros ?

- Esta canteira e a súa entulleira seguiron medrando, pero o 11 de xuño de 2007 , o futuro do último anaco do Courel decidiuse entre poderosos:

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070613093701

- E o mesmo día, 11 de xuño de 2007, por “interese medioambiental” , parece que se falou de grandes futuros e cifras “macro”?

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070612082211

- Así, O 21 DE Xuño de 2007, a Xunta entrégase e autoriza esta, unha canteira máis no Courel:

http://blogsoscourel.blogspot.com/2007/06/xunta-de-galiza-decide-arrasar-o-courel.html

Moitos políticos axudan maliciosamente para que a destrucción do Courel sexa irreversible:

A).- Deixando despoboar o territorio, ao retirarlle a poboación servicios básicos como a asistencia sanitaria de urxencias, transporte público, atención a dependencia, ..... O Courel o exemplo perfecto de cataclismo demográfico, esa é a primeira gran vergonza.

B).- Escondendo o Courel e os seus valores. Así a pesar de ser o espazo lucense de maior biodiversidade, aínda non pertence á “Reserva da Biosfera”, cando o 60% do territorio da provincia de Lugo xa goza deste recoñecemento.

C).- A Xunta para disimular, Intenta chamar a atención cara outros espazos limítrofes, Ancares, Ribeira Sacra, ..... De feito intentou acelerar a declaración de Ancares como Parque Natural, pero a “torpeza didáctica habitual do poder” fixo que algúns veciños se opuxeran e incluso recolleron sinaturas en contra. A pesar do abandono oficial, o Courel ten a sorte do afecto e agarimo de moita e boa xente; un vídeo promocional con case 700.000 visitas:

D).- O Día 29 do marzo pasado, o alcalde de Somiedo atendeu e guiou a 70 veciños do Courel polo seu Concejo de 8.000 vacas, 1.500 prazas hostaleiras e de paisaxe “alumemante”. Algúns comprobaron que se podía apañar leña e cazar, outros estiveron moi atentos ao rexedor somedano e pensaron que “sen políticos intelixentes non hai paraíso”, o alcalde de Somiedo non ten tempo para gobernar tamén o Courel.
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/04/01/0003_6694910.htm

E).- No Courel pérdense as vacas, os prados e os soutos, cortalumes de sempre. E por se fora pouco séguese a arrasar as uceiras e o monte protexido, a paisaxe característica courelá, a base de grandes máquinas escavadoras e plantando todo o Courel de piñeiros, metendo a “Industria do lume” de xeito temerario nas devesas.
En Somiedo non hai nin un só piñeiro.

F).- Calquera pode comprobar as desfeitas que se fan, de impacto tamaño AVE ou Autovía, para mellorar só un chisco as estradas locais e comarcais no Courel, e non é por falta de atención, é opor “exceso de intención”. Agora acaban de regalarlle ás canteiras unha superestrada e de paso 20 quilómetros máis de escombreiras, taludes e desmontes, sen os correspondentes pasos de fauna, outro debuxo para rebaixar ao Courel en valores.

G).- O noso Concello debe ser case o último da Galiza, onde aínda non se clausuraron os vertedoiros de lixo municipais. O Courel a falta de un ten dous. Ilegais, na Rede Natura, sen illar do chan, sen balsa de decantación e sen valado de protección exterior, o lixo estendido por os montes libremente e os refugallos dereitamente ao Lor.
http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=58

H).- Sempre que xorden os problemas ambientais coas canteiras, aparece as palabras máxicas, “Rexenerar e compatibilizar”. Pois ben no Courel, na Rede Natura, hai máis de unha ducia de canteiras abandonas e sen rexenerar, algunha con máis de 20 hectáreas afectadas.
Campaña de recadación de fondos para facer fronte a defensa legal do Courel:
-Agradecemos o esforzo económico e a molestia da xente que xa ingresou a súa apartación na conta de SOS Courel en “La Caixa” . Para ver o nº de conta clica en >>>
http://www.arredemo.info/arredrupal/node/89

- Gracias a estas apartacións xa podemos facer fronte ao primeiro dos recursos en contra da Licencia Municipal de Actividade da canteira “ La Campa”.

- Os fondos recadados serán empregados unicamente na defensa legal do Courel.

- Tamén podes colaborar economicamente mercando o Documental “Unha lousa sobre o Courel”,
clica para informarte en >>>
http://www.namchefilms.es/namchefilms_000022.html

Vídeo de mostra de “Unha lousa sobre o Courel” :

Saúdos
SOS Courel, 4 de abril de 2008
Teléfono 607 22 58 87

Sem comentários: