sábado, abril 05, 2008

Iniciativa da Ciberirmandade

Activa Galicia é a marca comercial do Grupo Comercial Gallego S.A. e presume de ser un referente no mundo dos electromésticos no noso país. Din que a súa filosofía é a de dar a mellor atención e trato posible aos clientes “finais”, boa parte deles no rural. Mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio.

Pensamos que sería bo facerlles saber que a nosa filosofía como clientes é a de desenvolvernos na nosa lingua con normalidade no día a día, como cidadáns e como consumidores nun momento dado. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo. Explícalles a túa filosofía enviando este prego .

Sem comentários: