segunda-feira, abril 07, 2008

O Facho Olímpico

Por: Marta Núñez Corregidor.
Membro de Deporte en Liberdade.

Andrew Skilton, no seu libro A Concise History of Buddhism, conta que no Tíbet, na época de Trisong Detsen (século VII), unha serie de debates no mosteiro de Samye [entre 792 e 794] entre as dúas correntes budistas existentes no país decidiuse a favor do budismo de tradición hinduísta desbotando a de tradición chinesa. A tradición chinesa postulaba “iluminación súbita” en contra da tradición hinduísta que postulaba un “achegamento gradual a iluminación”.

Supoño eu que ese achegamento “gradual a iluminación” foi o que dalgún xeito inspirou a Pierre de Coubertin cando vendo por primeira vez o facho olímpico dixo: “Que o Facho Olímpico siga o seu curso a través dos tempos para o ben da humanidade cada vez máis ardente, animoso e puro".

Nos tempos que corre, parece que o Facho cada vez ilumina menos, o animo o ten decaído e o da pureza...

O Tíbet está a contaminar todo. Estas Olimpíadas non son as de Beijing, son as do Tíbet. Dende 1956 que o Dalai Lama exiliouse no estranxeiro, o conflicto do Tíbet está aberto, mais algúns parece que o descubriron agora. Ben, sempre é mellor tarde que nunca.

Os Estados, non van mover un dedo contra o “imperio económico chino”. Outra cousa é o que fagan os seus cidadáns, que non se atopan baixo a influencia directa china. De ai nacen as surrealistas imaxes de xente armada con pistolas de auga, extintores e despregados 1500 policías en París para protexer “un facho”.

Eu propoño un boicot aos Xogos dende a casa. O maior dano que se lle pode facer aos Xogos é a falta de audiencia televisiva. A multinacional que é o COI tremería do susto so con pensar tal.

Con todo, nada vai mudar. Pasados o Xogos, o Tíbet continuara como está (ou peor) e Occidente adicarase ao seu, que non é mais que mirarse o embigo.

Sem comentários: