terça-feira, abril 29, 2008

Quen dirixe o BNG?

Por: Marta Nuñez Corregidor.
Simpatizande do BNG. (Polo de agora).

Isto é un sen sentido. Son ganas de emporcarse na lama por gusto. A conto de que ven esa obcecación antisemita (agora chamada antisionista) do BNG? Por que unha fronte de concentración nacional, plural de Partidos e persoas como o BNG mostrase tan claramente racista? Sen vir a conto o ano pasado xa intentaron botar o militante Pedro Valades, fai poucos meses, coincidindo con o día internacional de lembranza do holocausto nazi instaurado pola ONU, con argumentos infantís impiden unha declaración do Parlamento de Galiza condenando o holocausto. E agora, cando consideran que xa están fora de tempo electoral, volvan as andadas e novamente propoñen a expulsión de Valades. Non ten sentido. É un erro político descomunal.

Todo isto tería sentido, se nos postulados do BNG se establecera a pureza racial como base primordial do seu ideario, ou simplemente que teña polos estatutos declarado o seu antisemitismo. Tamén certo sentido tería si quen mandara fora Mahmud Ahmadineyad. Acaso existe un teléfono directo entre Teherán e Compostela?


- Si?

- Sernior Quintana?

- Si. Eu.

- Soi la secretarria del Prresidente de la Rrepública Islámicg de Irang, Paso ahora con el Sr. Ahmadineyad.

- Vintana?

- Si, Presidente, a sus ordenes.

- Como estar el tema de los pérfidos judíos?

- Controlado en unas pocas lunas el tema estará solucionado.

- Necesitags mas aggentes?

- Nooo, Presidente, no. Los quince que me custodian amablemente enviados por usted por lo de ahora lleganme.

- No serás blando, Ok?

- No, no, mano de hierro señor, mano de hierro.

- Gusto. Gusto mucho.

- Acuergdate bon de nuestro acuergdo. Uno, los perrogs judíos. Dos los perrogs comunistas.

- Si, Si, todo van en su orden señor.

- Ok. Tenme informado.

- Si señor, no se preocupe que usted aquí tiene un seguro servi… Este carallo colgou!!

- Cruz!! Lola!! Que sodes unhas inútiles, hostia!! Poñerme con Lali que quiero saber como esta a merda esa del Valades de los cojones. Si es que teño que andar eu en todo, joder!

Sinceramente non creo que sexa este o caso, isto non é posible que ocorra. Ben, mais con todo, dos partidos con representación parlamentar tanto na Galiza como no estado español (tanto a nivel central como autonómico), o BNG é a única forza política que presentase ante a sociedade como unha forte racista antijudia, e todo isto o xustifica con argumentos imaxinativos do estilo dos que tamén o Tercer Reich argumentaba.

Mais ese non é nin moito menos o sentir da militancia e simpatizantes do BNG, ese so é a cegueira absurda dos seus dirixentes.

4 comentários:

Félix Soria disse...

Non coñecía a blogue GzS, teño chegado a través dun comentario na páxina de Julicheiro, O ruído dos días. A verdade, é unha ledicia ler textos razoados e proactivos, opinións enfrontadas sen sangue e, por riba, en galego normativo, reintegracionista, etc.
Noraboa.

Galiza Sosego disse...

Moitas grazas. Pois aquí estamos sempre ao teu dispor...

Xoán Salgado disse...

Moi atinada reflexión a de Marta Nuñez. A obsesión do BNG con Israel roza xa o psiquiátrico. Eu como Marta son (era) simpatizante e votante do BNG. Agora honestamento non podo.

Mary disse...

O que está claro e que os bloqueiros que queren queimar a Pedro na fogueira prefire o anano homófobo, misógino e antisemita do iraní ou a calquera que se pase a declaración de dereitos humano polo …. antes que a un proisraelí. ¿Tan malos somos? ¡¡¡Qué medo me dou!!! Creran que imos comerlle os fillos??????? Non comer non, creo que so lles chupábamos o sangue.