terça-feira, abril 15, 2008

Sofre e sorrí, Norma Jean

Por Fernando R. Dacosta

Querida Norma, seguro que novamente volves estar triste. É lóxico e normal. Continúan abusando de ti. Sempre utilizáronte. Sempre fustes moeda de troco. Sempre os poderosos cos seus cartos servíronse de ti para os seu intereses e continúan tal.

Dende nena non fixestes mais que sufrir. O teu entorno sempre foi hostil e ti sempre tivestes que poñer boa cara e sorrir. Iso é o mais difícil de todo, sorrir fronte a hostilidade e o abuso. Cando un sofre por calquera dor inducido e berra ou chora, desafoga. Pero ti tiñas que sorrir, ti tiñas que estar sempre fermosa, pois a túa fermosura era o que alimentaba o ego dos teus torturadores. Sofre e sorrí, Norma Jean.

Coa túa propia morte crías poñer fin ao longo e tortuoso calvario do teu sufrir. Pero non te deixan Norma. Non queren que descanses. Canto mais tempo pase, mais ruído terás no teu entorno. Mais balbordo acompañara a túa alma e mais mentiras farán que teñas que seguir sorrindo mentres sofres.

Norma, nunca deixaran de violarte sendo nena. Nunca deixaran de enriquecerse a túa costa. Nunca deixaran de utilizarte politicamente para o seu propio beneficio. Norma, os barbitúricos so mataron o teu corpo, pero a túa alma continua viva e dela seguen abusando.

O teléfono descolgado,...
A quen ías chamar norma?
Ou é que te chamaron?
Quen foi?
O que te matou?
O teu último abusador en vida?

Hoxe saíu a nova. A cámara que te torturou ten memoria e hoxe queren volver remexer na túa miseria. Política, poder, cartos, seguen a ser o fío conductor da túa tristura doce e de cara feliz. Na túa tortura segue acrecentándose o ego dos que se aproveitaron e os que se aproveitan de ti.

Non vas descansar Norma, nunca deixaran que o fagas. So queren unha cousa de ti. Sofre e sorrí, Norma Jean.

Sem comentários: