quinta-feira, abril 03, 2008

A voltas coa coroa

O ollo de Belém.

Isto son parvadas, xestos que tampouco teñen tanta importancia (ou si). O certo e que son xestos case que imperceptibles ao ollo non preparado en cuestións protocolarias da realeza. Xestos que non sei os motivos polos que se producen, pero seguro que como a monarquía, herdados de séculos nos que a sociedade non tiña nada que ver coa actual (menos mal).

Mentres almorzo acostumo ver (sen moita atención, pois a esas horas aínda non son persoa) un chisco dos informativos. Pois ben, hoxe decateime dun feito sorprendente.

O xefe do estado español, recibe en audiencia a tódolos lideres das distintas formacións políticas que conforman as cortes españolas. O suposto fin é ter a suficiente información para propoñer ao parlamento do estado un candidato a presidir o goberno. Unha costume absurda, pois aos acordos chegase no parlamento coas distintas entrevistas e non co xefe do estado.

Cando un líder político é recibido polo xefe do estado, posan para unha fotografía ante os medios gráficos e aí é precisamente onde se produce o feito que tanto chamoume a atención.

Nada mais estreitar a man do persoeiro que o visita, o xefe do estado colocase a un costado deste mirando cara os medios gráficos. Mais non se pon en calquera lado. Saudando ao representante de Izquierda Unida colocouse a dereita deste, e sempre fai o mesmo cando o convidado e un home. Poren, cando saudou a miña admirada parlamentaria Uxue Barkos Berruezo, representante da coalición navarra Nafarroa Bai (Navarra Si), tamén ocupou o lado dereito desta durante un segundo mais automaticamente fixo un xesto como se cometera un erro. Era cedo de maña, así que si penso que so foi un erro, porque de ser pola tarde despois do xantar podería ser outra cousa... refírome a cansazo polo arduo traballo realizado. Ou queredes que me metan na cadea? Ben pois o erro en si, non é outra cousa que posicionarse a esquerda da miña querida Uxue. Sorprendente!! Si é un home a dereita e si é unha muller a esquerda!! A conto de que? Por que esa diferenciación? Outro xesto diferenciador por razón de sexo. Non o entendo, non. Absurdo e atemporal, como todo o relacionado coa coroa.

Por: Belém Gonçalves Álvarez

Sem comentários: